Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Loxística circular: o uso de pallets reciclados

22 XANEIRO, 2025

Imagen Noticia Loxística circular: o uso de pallets reciclados

Gadis mostra o seu compromiso coa sociedade a través dun modelo de negocio que promove un impacto positivo, así como a protección e conservación da contorna. Por este motivo, as nosas accións están deseñadas desde unha tripla perspectiva de sustentabilidade.

No que respecta ao enfoque ambiental, continuamos avanzando na nosa estratexia deseñada ao redor de catro piares:

  • Xestión responsable dos residuos.
  • Optimización loxística.
  • Máxima eficiencia enerxética.
  • Impulso á producción sostible e de proximidade.

Ademais, todas as nosas pautas de actuación baséanse no modelo da economía circular que aplicamos de maneira transversal en toda a cadea de alimentos e na optimización dos nosos roteiros e cargas para reducir emisións. Grazas ao noso compromiso coa sustentabilidade, en 2022, convertémonos na primeira empresa de distribución galega en obter o selo “De Residuos A Recursos: Zero a Entulleira” de Saica Natur. Na actualidade, damos unha nova vida a case o 98 % dos residuos que xeramos na nosa plataforma loxística de Betanzos a través do establecemento de procesos eficientes para a reutilización e a reciclaxe. Entre as medidas implantadas, cabe destacar o uso de pallets reciclados.

Reducir, reutilizar e reciclar

Ademais das emisións, outro dos principais desafíos na cadea loxística é a xeración de residuos. Por esta razón, é crucial establecer procesos de reutilización e reciclaxe. Como parte da cultura corporativa, o noso sistema de xestión ambiental promove as tres R (reducir, reutilizar e reciclar). Esta filosofía permítenos mellorar cada ano os resultados alcanzados en toda a cadea. No noso caso, este sistema iníciase no punto de venda, onde leva a cabo unha correcta separación dos materiais para o seu envío á sede central. Alí, contamos cun equipo de 30 profesionais que se dedican exclusivamente á xestión destes materiais, dirixíndoos a empresas especializadas.

Grazas a estes esforzos, volvemos a renovar a certificación “De Residuos a Recursos: Zero a Entulleira” de Saica Natur. Esta certificación outórgase unicamente a aquelas organizacións que cumpren con estritos estándares de valorización de residuos e que superaron a auditoría da empresa de verificación TÜV SÜD. Dacordo con os datos da nosa memoria corporativa, en 2023, puxemos de novo en circulación case 10.000 toneladas de cartón, madeira e plástico, implementando sistemas de valorización e proxectos de economía circular, o que reduce o emprego doutros recursos.

A aposta pola circularidade lévanos a converter o papel e o cartón refugados en caixas reciclables, que se utilizan para os envíos de pedidos a domicilio. De igual maneira, co plástico reciclado fabrícanse as caixas reutilizables de produto fresco, coas que levamos a cabo case cinco millóns de movementos anuais en procesos loxísticos, e o filme estirable de polietileno que se utiliza nos puntos de venda GADIS. Por último, facemos uso de palés reciclados de madeira de bosques de aproveitamento sostible e promovemos a súa reutilización.

Que son os pallets reciclados?

En colaboración con IFCO e CHEP, establecemos un proceso de economía circular para traballar con caixas e pallets. No caso destes últimos, a madeira que se utiliza procede de bosques 100% sostibles e certificados pola organización internacional FSC (Forest Stewardship Council). Estímase que, en termos de equivalencia, o uso destes pallets reciclados e a súa reutilización permitiron aforrar a emisión de preto de 2.000 toneladas de CO2 á atmosfera, o que supoñería 14 voltas ao mundo en camión.




O impacto positivo do uso de pallets reciclados

En Gadis aplicamos os principios da economía circular en todas as fases da nosa actividade, o que nos permite reducir o noso consumo e reintroducir os refugallos na nosa cadea de valor. Traballamos para promocionar unha cadea de produción circular. Durante o último proceso de certificación de Saica Natur realizado pola compañía de verificación TÜV SÜD, acreditouse que GADISA retail reciclaba e reutilizaba o 97,85% dos residuos xerados na plataforma loxística central de Betanzos. En total, recicláronse 9.938 toneladas de residuos, aos que se lles dió unha nova vida. Deses residuos, máis de 186 toneladas de madeira convertéronse en pallets reciclados.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha