Impulsando o benestar das persoas con discapacidade
3 DECEMBRO, 2025
O día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha cita marcada no calendario pola Asemblea das Nacións Unidas en 1992 coa intención de fomentar sociedades máis inclusivas. As persoas con discapacidade e as súas familias enfrontan retos que obstaculizan a súa participación plena na sociedade. Este colectivo ten máis probabilidades de vivir na pobreza, de enfrontarse á discriminación laboral e non poder acceder a un emprego digno, e de non conseguir unha integración social real, digna e en igualdade de condicións.
A situación das persoas con discapacidade varía entre países, pero cada vez máis territorios contan con lexislación para facilitar a súa integración socio-laboral. En España, en 2024, reformouse o artigo 49 da Constitución para garantir os seus dereitos e a responsabilidade dos poderes públicos no seu benestar, xunto con novas normas para a súa protección socio-laboral. Grazas a isto, dispoñen dun marco xurídico que promove a súa integración plena na sociedade. En Gadis imos máis aló do cumprimento normativo e desenvolvemos diferentes iniciativas impulsadas a través do noso Plan de Responsabilidade Social Corporativa.
Que facemos en Gadis para facilitar a inclusión e a participación das persoas con discapacidade?
Como parte do compromiso integral coas comunidades nas que operamos, en Gadis implementamos estratexias, programas e accións concretas que atenden a colectivos diversos, entre eles, ás persoas con discapacidade.
O noso Código Ético establece a igualdade de oportunidades e a non discriminación como principios clave. Cremos en brindar as mesmas oportunidades de emprego e promoción, fomentando unha contorna laboral inclusiva. Tamén priorizamos os dereitos colectivos, promovendo unha relación baseada no respecto mutuo coas organizacións de persoas traballadoras para conseguir un clima de diálogo e transparencia. Ademais, no noso persoal temos contratadas a persoas con discapacidade cumprindo a normativa vixente.
Por outra banda, implicámonos coa nosa clientela e as súas realidades particulares, eliminando as barreiras físicas, arquitectónicas e sensoriais dos nosos supermercados para crear contornas accesibles e inclusivas:
- Priorizamos o acceso a través de ramplas ou portas automáticas, a colocación de ascensores naquelas tendas con máis dunha planta, contamos con corredores amplos e mostradores a baixa altura para que todas as persoas teñan autonomía durante as súas compras.
- Temos cartelería e señalética para mellorar a accesibilidade.
- A nosa iluminación busca favorecer ás persoas con algún tipo de discapacidade visual, garantindo que sexa suficiente pero evitando o cegamento.
- A disposición, implicación e dispoñibilidade do noso persoal é un dos puntos clave para que a experiencia de compra das persoas con discapacidade sexa positiva e eficiente.
1764946216082.jpg)
Compromisos de Responsabilidade Social Corporativa co colectivo de persoas con discapacidade
O noso compromiso coas persoas con discapacidade vai máis aló da experiencia de compra. No marco da nosa Estratexia de Responsabilidade Corporativa, impulsamos proxectos e accións propias e apoiamos iniciativas de colectivos, asociacións e comunidades locais que sitúan ás persoas con discapacidade e ás súas familias no centro:
- O Bosque GADIS, un proxecto de integración social e de conservación da biodiversidade que desenvolvemos con Amicos, unha organización para a inclusión e o apoio a persoas con discapacidade intelectual. As Ecobrigadas da organización plantaron 300 bidueiros para crear un bosque de especies autóctonas en Curtis. Dentro do convenio asinado coa entidade, tamén elaboramos un calendario e apoiamos o festival “Festirititi”.
- Colaboración coa Fundación ADCOR, unha entidade sen ánimo de lucro adicada a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia, a través de diferentes iniciativas: mercadillo do Nadal, venda das súas bolsas sostibles con lonas recicladas, contratación do seu servizo de cátering para eventos corporativos.
- Colaboración co Centro Pai Menni-Irmáns Hospitalarias de Betanzos, adicado á atención integral de persoas con diversidade funcional, na preparación dos nosos packs de Bebé Gadis.
- Colaboración con ASPACE Coruña, coa que traballamos desde hai anos e asinamos un convenio en 2024 para apoiar o proxecto de alimentación texturizada, que mellora a alimentación de persoas con parálise cerebral e disfagia.
- Promoción da inclusión social a través do deporte:
- Somos empresa patrocinadora oficial do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP) desde 2007, co obxectivo de poñer en valor o deporte adaptado como elemento de cohesión e inclusión social.
- Apoio ao Programa de Deporte Solidario da Fundación EMALCSA, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a igualdade de oportunidades para persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.
- Outras colaboracións: Carrera Solidaria de ADACECO na Coruña, III Carreira e Andaina Solidaria “Camiñando polo dano cerebral” en Lalín, marchas ciclistas unificadas de Special Olympics Galicia e marcha solidaria de AMBI Bierzo, entre outras.
(1)1764946256826.png)
O impacto positivo de comprometernos coas persoas con discapacidade
En Gadis priorizamos a proximidade e o diálogo coas nosas comunidades locais, mantemos unha escoita activa con iniciativas e proxectos que nutren o territorio e que favorecen que a nosa sociedade sexa máis diversa e inclusiva. Tanto a través do deporte como da alimentación, a cultura ou o coidado da biodiversidade, comprometémonos coas persoas con discapacidade e as súas familias para contribuír a unha inclusión social real e digna. Así, avanzamos na consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra