Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Impacto social en Gadis, máis alá de vender produto

9 ABRIL, 2025

Imagen Noticia Impacto social en Gadis, máis alá de vender produto

A marca Gadis é recoñecida pola súa variada oferta de produto de calidade, fresco e local. Estes valores represéntannos e son transversais á nosa organización, pero o modelo de negocio que nos define vai moito máis alá dos artigos que se poden atopar nos nosos supermercados.

Mantemos un compromiso firme co deseño de estratexias e iniciativas que nos permitan ter un impacto positivo nas comunidades nas que operamos e poñemos o benestar social no centro do noso modelo de negocio. Apostamos polo benestar das nosas persoas traballadoras, comprometémonos coa clientela, apoiamos á sociedade a través de iniciativas solidarias e participamos no desenvolvemento cultural e deportivo local. Cada ano, desde Gadis impulsamos e colaboramos con máis de 2.300 iniciativas de apoio directo á comunidade.

Iniciativas solidarias

Colaboramos con diferentes entidades sociais e do terceiro sector para reforzar o seu impacto na comunidade a través de diversas iniciativas no marco do noso programa de RSC:

  • Foro Gadis coas ONG: este evento está dirixido a entidades do terceiro sector de Galicia e Castela e León. Funciona como espazo de aprendizaxe, intercambio e divulgación e constitúe unha oportunidade para reflexionar de forma colectiva, ofrecendo unha plataforma para visibilizar o traballo e as accións de asociacións e ONGs.
  • A compra da túa vida: colaboramos coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) nesta campaña que se celebra ao redor do Día Mundial contra o Cancro co obxectivo de recadar fondos para financiar a investigación desta enfermidade e as necesidades de pacientes e familias. Chegamos a recadar máis de 30.000 euros.
  • Gadic con UNICEF: desde hai máis de 30 anos, mantemos a nosa colaboración con UNICEF. Durante o ano 2024, facilitamos 12.075 vacinas contra a polio, a mesma cantidade de sobres de alimento terapéutico e máis de 2,11 millóns de pastillas potabilizadoras. En total, doamos 4.025 kits de supervivencia con estas subministracións esenciais destinadas a protexer a vida de nenas e nenos afectados por conflitos bélicos, catástrofes naturais, seca ou que habitan en países en vías de desenvolvemento.
  • Campaña Alimenta a amizade: esta iniciativa solidaria consiste na recadación de alimentos e produtos de hixiene para cans e gatos sen fogar. Este proxecto tamén contribúe á concienciación da sociedade en relación aos dereitos dos animais, a responsabilidade social e a realidade destas organizacións. Na edición de 2024 participaron máis de 70 organizacións de Galicia e Castela e León. Grazas á nosa clientela, recadáronse, en total, 332.000 kg de alimentos e máis de 52.000€ en vales de compra.
  • Doazóns de alimentos: polo carácter da nosa actividade, asumimos un compromiso consciente e activo na loita contra a fame. Por iso son habituais as campañas de doazón de alimentos nos nosos supermercados. Tamén colaboramos de forma habitual coa Cociña Económica, unha entidade que proporciona alimentación diaria a persoas en situación vulnerable, e sumámonos á súa campaña Alimenta a esperanza, a través da que doamos máis de 4.000 quilos de alimentos e un cheque por valor de 3.500 euros.

Desde hai anos, apoiamos a Federación de Bancos de Alimentos (FESBAL). Participamos en A gran recollida, unha iniciativa anual que, en 2024, permitiunos recadar 233.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene e máis de 96.000 euros que se distribuíron entre os 12 Bancos de Alimentos de Galicia e Castela e León cos que colaboramos de maneira habitual. Ademais, o proxecto Maio Solidario é unha iniciativa propia, que desenvolvemos cada mes de maio, co obxectivo de recadar alimentos e produtos de hixiene que se doarán a Bancos de Alimentos.

Educación en sostibilidade

Coidar do noso contexto é tamén coidar do noso futuro. Consideramos que é imprescindible educar en relación co medio, centrándose na sostibilidade e na xestión de residuos. Desde hai máis de dúas décadas, impulsamos o proxecto Alimentes, que, a partir da pandemia, incluíu unha innovadora iniciativa dixital destinada ao alumnado de educación infantil e primaria de centros de Galicia e Castilla e León. O proxecto ten un impacto directo nas aulas grazas ao interese do profesorado. Ofrecemos unha serie de recursos de aprendizaxe interactivos que poñen o foco na alimentación equilibrada, a compra consciente, o consumo responsable e a sostibilidade.

Impacto social positivo

Vender produtos diversos, de calidade, frescos e de produción local é sen dúbida una das insignias polas que a nosa clientela confía en Gadis. Con todo, o noso plan de negocio contempla uns obxectivos moito máis ambiciosos. Traballamos para xerar un impacto positivo que poña o benestar social no centro do noso modelo de negocio. Priorizamos o benestar das nosas e dos nosos profesionais, mentres apoiamos de forma directa á sociedade, participando en iniciativas solidarias, culturais e deportivas, responsables co medio e coa comunidade local. Cada ano, desde Gadis impulsamos e colaboramos con máis de 2.300 iniciativas que contribúen ao desenvolvemento da nosa contorna.

Coa nosa aposta pola solidariedade e as nosas estratexias para reducir as desigualdades, aliñámonos con varios dos ODS da Axenda 2030: ODS 1. Fin da pobreza, ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar, ODS 4. Educación de calidade, ODS 6. Auga limpa e saneamento e o ODS 10. Redución das desigualdades.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha