Impacto positivo de Gadis para responder aos retos globais
27 FEBREIRO, 2025
A contribución á sociedade e á contorna conforman a base da filosofía de Gadis. Os nosos valores representan a esencia da nosa marca e buscamos mellorar o benestar das persoas, creando un impacto positivo duradeiro nas comunidades nas que operamos. Para iso, promovemos prácticas responsables e sostibles que beneficien ás persoas e ao medio ambiente e estamos comprometidos co desenvolvemento socioeconómico e cultural do territorio.

Utilizamos a nosa influencia para lograr que a sustentabilidade traspase a fronteira das nosas operacións e impactar en tres dimensións fundamentais:
- Económica, na que buscamos un impacto positivo a través da transparencia na xestión e a contribución á creación de riqueza.
- Social, na que buscamos un impacto positivo a través do apoio á sociedade e ao desenvolvemento cultural e deportivo.
- Medioambiental, na que buscamos un impacto positivo a través da aposta pola alimentación saudable e a sustentabilidade.
Este triplo impacto positivo está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, que pretenden dar resposta aos retos globais aos que nos enfrontamos. Os ODS constitúen o principal marco de referencia para traballar por un mundo sostible sen deixar a ninguén atrás.
En Gadis respondemos aos retos globais
Para a aliñación do noso modelo de negocio cos Obxectivos da Axenda 2030, participamos en iniciativas internacionais que buscan unha sociedade próspera, xusta e equilibrada co medio ambiente. Desde 2005, somos asinantes do Pacto Mundial, a iniciativa da ONU que lidera a transformación dos modelos de negocio en busca da sustentabilidade e cuxa rede en España atópase entre as tres primeiras plataformas nacionais a nivel mundial, con máis de 1.800 empresas participantes.
En Gadis incorporamos os 10 principios do Pacto Mundial á nosa xestión. Estes principios abarcan cuestións relacionadas co respecto e a promoción dos dereitos humanos, as normas laborais, o coidado do medioambiente e o compromiso ético e contra a corrupción.

Ademais, para dar resposta a retos globais como a equidade ou o cambio climático, é importante partir dunha xestión centrada nos territorios locais. Neste sentido, o noso compromiso coa dinamización da contorna sitúanos nunha posición privilexiada para poder contribuír a achegar solucións para os desafíos actuais, non só cos principios no noso modelo de negocio, senón tamén cos programas e iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa.
O impacto positivo de Gadis para dar resposta aos retos globais
En Gadis asumimos o noso papel no desenvolvemento socioeconómico, traballando para xerar riqueza e benestar. Así, impulsamos o sector agropecuario dos territorios, creamos emprego de calidade, especialmente en zonas rurais, fomentamos a innovación e o emprendemento entre os nosos provedores e provedoras, e potenciamos a capacidade de aforro das persoas consumidoras. O noso impacto positivo a nivel económico vén determinado pola nosa aposta pola proximidade, que proporciona riqueza desde o territorio para o territorio, e polo noso apoio ao sector primario e secundario, contribuíndo á súa competitividade e ao fortalecemento do tecido socioeconómico. De acordo cos datos da nosa última memoria corporativa, no exercicio 2023:
- Realizamos unha contribución ao gasto público de 155,06 millóns de euros.
- Contamos con 8.558 postos de traballo, un 4% máis que o ano anterior.
- Colaboramos con 2.528 provedores e provedoras locais.
No ámbito social, as nosas colaboracións con asociacións e ONG para proxectos específicos e iniciativas propias puxeron en marcha 2.356 accións de apoio á comunidade en 2023. Estas propostas non só buscan un impacto económico e material, coa recadación de donativos, senón tamén lograr o desenvolvemento e avance do terceiro sector.
Con respecto ao medio ambiente, contamos co selo “De Residuos A Recursos: Zero a Entulleira” grazas aos procesos eficientes para reutilización e reciclaxe que temos instaurados. De igual maneira, reducimos a nosa pegada de carbono coa optimización do uso dos recursos dispoñibles, minimizando o desperdicio e o impacto negativo na contorna. En 2023, reciclamos un total de 9.938 toneladas de residuos, aos que se lles deu unha nova vida. Ademais, para mitigar o cambio climático, contamos con varias medidas:
- Plan de eficiencia enerxética. A modernización gradual dos nosos supermercados permite aforrar ata un 40% de enerxía en cada local.
- Aposta pola enerxía renovable.
- Alianza Galega polo Clima. Iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que busca a cooperación entre entidades locais para promover un mercado circular, de pegada de carbono neutra e aliñada cos ODS.
Por último, fomentamos hábitos saudables e de consumo responsable con diversas actividades nas que cabe destacar o programa Alimentes, no que xa participaron máis de 50.000 escolares de Galicia e Castela e León.

OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra