Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Ideas de snacks saudables e sostibles para levar a actividades ao aire libre

29 XULLO, 2026

Imagen Noticia Ideas de snacks saudables e sostibles para levar a actividades ao aire libre

Durante o verán, as excursións, as viaxes, os campamentos e, en definitiva, as actividades ao aire libre ocupan gran parte da nosa axenda. As longas horas fóra de casa desfrutando coa familia e amizades convértense nos nosos recordos estivais máis prezados. Nesta publicación compartimos unha serie de ideas de snacks saudables e sostibles para que poidades desfrutar ao máximo do verán, priorizando alimentos saudables con gran achega de nutrientes, sen impactar negativamente na contorna.

Beneficios dos snacks saudables e sostibles

Comer de xeito saudable pode ser divertido e, ademais, ten outros beneficios que non só repercuten na túa saúde:

  • Redúcese o uso de envases individuais de plástico dun só uso. Se preparamos receitas en casa, podemos elixir transportalas nun recipiente reutilizable ou mesmo podemos prescindir do envase. Así, minimizamos os residuos, coidamos do noso medio natural e limitamos a pegada de carbono da nosa alimentación.
  • Evítase o desperdicio alimentario. Nos meses de verán, a planificación do menú semanal e a organización da neveira convértense en todo un reto. Por iso, levar o snack da casa pode servir para aproveitar aqueles alimentos que temos na neveira ou na despensa e evitar o desperdicio.
  • Adáptase ás túas necesidades. Cando optamos por un plan fóra de casa, non sempre sabemos que tipo de establecementos teremos preto para provernos de snacks ou comidas. Levarnos un snack preparado non só adoita ser máis económico, senón que tamén nos permite saber o que imos comer e planificalo en función das nosas necesidades.

Que necesita un bo snack?

Para elixir un bo snack, alén de ter en conta que sexa saudable e sostible, podemos contemplar outras variables:

  • Enerxía duradeira. Elixe combinacións de ingredientes que teñan unha boa achega de enerxía e, a poder ser, que a liberen de forma gradual para evitar picos de glicosa e manternos activos todo o día.
  • Peso e volume reducidos. Á hora de pasar o día fóra da casa, é importante buscar opcións saudables que ocupen pouco espazo e que sexan lixeiras.
  • Resistencia a altas temperaturas. No verán, especialmente nas horas centrais do día, as temperaturas poden dispararse, polo que non é recomendable optar por snacks que poidan derreterse ou deteriorarse coas altas temperaturas.
  • Doado para comer en movemento. Escolle algo que non sexa pegañento e que non requira cubertos.

Ideas de snacks saudables

Na sección de receitas da nosa web podes atopar moitas opcións, tanto de pratos principais como de snacks, con propostas sostibles e saudables de doada preparación para acompañar ás actividades deste verán.

Aquí presentamos unha serie de ideas de snacks saudables, entre as que tamén incluímos algunhas receitas da nosa web:

  • Froitos secos e sementes. Non necesitan preparación e teñen unha importante achega de graxas saudables, proteínas e minerais, o que os converte nunha fonte de enerxía imprescindible.
  • Froitas. A sandía, o pexego, a nectarina ou o melón son froitas de tempada. Alén de achegar vitaminas e minerais, son unha boa fonte de hidratación. Algunhas se consomen directamente e outras pódense levar nun recipiente cortadas en pequenas porcións para compartir.
  • Triángulos de espinacas e queixo de cabra. Para quen prefira opcións salgadas pero nutritivas, os triángulos de espinaca e queixo de cabra son unha opción saborosa, sen glute, vexetariana e cun alto contido de fibra e vitaminas que achegan as espinacas.
  • Chips de garavanzo. Unha opción saudable, vexetariana e altamente nutritiva. É un snack perfecto para compartir, que se pode acompañar dalgún untable que potencie o seu sabor como o guacamole.
  • Banana bread de avea. Esta versión do banana bread, permite aproveitar os plátanos demasiado maduros. Combinados coa avea, convértense en fonte de enerxía duradeira. Aquí propoñemos un formato individual con pebidas de chocolate, pero podes modificala ao teu gusto. Recomendámoste que a probes con noces ou outro froito seco ou arandos.
  • Pan de quinoa. Este pan de quinoa pode ser unha base altamente nutritiva para os teus bocadillos de verán. Cun tempo de preparación de tan só 15 minutos, esta opción de carbohidrato saudable é unha fonte de proteína e fibra. Se o preparas a noite anterior, só terás que elixir os teus ingredientes preferidos, por exemplo, unha combinación de queixo e pavo, unha base de tomate fresco con rúcula ou acompañalo con hummus, e terás o teu snack saudable.

O impacto positivo dos snacks saudables e sostibles

Planificar os teus snacks priorizando opcións saudables e sostibles non só coida do teu benestar e o da túa familia, senón que tamén limita o impacto na contorna, evita o desperdicio alimentario e favorece a túa economía. En Gadis priorizamos a variedade e a calidade dos produtos para que a nosa clientela poida desfrutar de snacks saudables e sostibles nos seus momentos de lecer, vacacións e desfrute.



Priorizando unha alimentación saudable e sostible contribuímos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar e o ODS 12. Produción e consumo responsables.






OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha