Grupos de interese: a comunidade que nos importa
15 FEBREIRO, 2026
Falamos de grupos de interese cando nos referimos a calquera persoa individual, comunidade, organización ou entidade que se ve afectada pola actividade, decisións ou accións dunha empresa. Estes grupos poden responder a colectividades ou persoas individuais internas, como, por exemplo, o persoal da compañía. Tamén poden ser de carácter externo, é dicir, todos aqueles grupos que, a pesar de non formar parte da estrutura da empresa, están afectados pola súa actividade: clientela, provedores e provedoras, sociedade civil, entidades do terceiro sector…
Desde Gadis, deseñamos un modelo de negocio no que situamos ás persoas no centro. Na nosa política empresarial temos en conta as necesidades, as demandas, as expectativas e os impactos que xeramos sobre os nosos grupos de interese.
Manter canles de comunicación directos e accesibles é unha peza clave para coñecer as súas opinións, reflexións, necesidades e desexos. Escollemos a escoita activa como estratexia para deseñar o noso plan de acción, sumando a visión e as achegas dos nosos grupos de interese.
Cales son os grupos de interese de Gadis?
Son varios os colectivos que forman parte dos nosos grupos de interese. Entre os grupos internos, atópanse:
- Persoal de Gadis: contamos cun equipo multidisciplinar de profesionais que supera as 8.800 persoas traballadoras. Este equipo distribúese entre os nosos supermercados, as nosas oficinas e a sede central. Con este colectivo comprometémonos a garantir unhas condicións laborais dignas e ao cumprimento normativo en materia laboral e de prevención de riscos, garantindo a igualdade de oportunidades, o dereito á carreira profesional e á conciliación entre a vida persoal e familiar. A súa entrega é un piar clave no éxito da compañía e son a nosa ponte directa coa clientela.
- Accionistas: conforman o soporte de Gadis en materia de propiedade. O noso compromiso con este colectivo é o de garantir o bo goberno corporativo, a transparencia, o cumprimento legal e a consecución de obxectivos a través dunha xestión responsable da compañía.
1771232434086.jpg)
Os nosos principais grupos de interese externos son:
- Clientela: un colectivo diverso co que nos atopamos diariamente en máis de 475 puntos de venda e que, en 2024, superou o millón de persoas. Dentro deste colectivo atopamos multitude de subgrupos, cada un deles coas súas necesidades e demandas específicas. Por iso priorizamos a variedade, o produto local, fresco e de calidade, e comprometémonos coa alimentación saudable, para que en todos os fogares se poida fomentar unha dieta variada e equilibrada.
- Provedores e provedoras: enorgullécenos poder dicir que, en 2024, contamos con 2.417 provedores e provedoras locais para abastecer os nosos lineais e seccións de produto fresco. Adquirimos un compromiso a longo prazo para contribuír a dinamizar a economía local e poñer en valor a calidade dos produtos de proximidade de Galicia e Castela e León. Desta maneira, tamén minimizamos o impacto negativo na contorna, garantindo un futuro sostible e amable para as persoas, os animais e os recursos naturais.
- Organizacións do terceiro sector: o noso compromiso coas comunidades onde operamos reflíctese especialmente na nosa colaboración con institucións, entidades sociais, colectivos en risco de exclusión social e organizacións sen fins de lucro. Cada ano impulsamos e apoiamos multitude de iniciativas solidarias coa intención de contribuír a mellorar a vida de persoas en situación de vulnerabilidade, a sensibilizar sobre cuestións de especial importancia social e a promover valores como a cooperación ou a solidariedade. Algunhas das iniciativas que nos acompañan desde hai anos son o “Foro Gadis coas ONG”, as campañas “Alimenta a Amizade”, “Maio solidario” e “A compra da túa vida”, ou a nosa colaboración anual con UNICEF, entre outras.
- Organizacións culturais, deportivas e de desenvolvemento local: a través do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, sumámonos a iniciativas culturais, deportivas e culturais da sociedade civil e tamén do tecido empresarial de Galicia e Castela e León. Aliámonos con estes colectivos para garantir o acceso de todas as persoas á cultura, ao deporte e ás tradicións. Tamén para poñer en valor o talento local, favorecer a dinamización económica e contribuír á igualdade de oportunidades e á cohesión social das comunidades. Estas alianzas materialízanse a través de achegas en especie, como entidade colaboradora ou patrocinadora.
1771232462564.jpg)
O impacto positivo de comprometernos cos nosos grupos de interese
Desde o inicio, Gadis mantivo unha aposta clara polo contacto e a comunicación cos nosos grupos de interese, tanto aqueles máis próximos á nosa estratexia comercial como aquelas comunidades que conforman unha parte imprescindible da nosa contorna e se ven afectadas pola nosa actividade empresarial.
Garantir unha vía de comunicación bidireccional permítenos impulsar un negocio transparente, con capacidade de cambio e, sobre todo, presente no día a día das persoas. Estar preto dos nosos grupos de interese axúdanos a xerar un impacto positivo e nos converte nunha empresa consciente, sostible e resiliente. Os nosos compromisos e alianzas cos grupos de interese achégannos a alcanzar as metas dos ODS 3, ODS 8, ODS 11, ODS 13 e ODS 17.
1771232716260.png)
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra