Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Gastronomía galega. Orgullo do noso!

22 XULLO, 2025

Imagen Noticia Gastronomía galega. Orgullo do noso!

O 25 de xullo celebramos o Día de Galicia, unha data de especial relevancia para toda a cidadanía galega e unha oportunidade para reafirmar o orgullo do noso. Queremos unirnos a esta celebración, que se iniciou oficialmente no ano 1979 para homenaxear a identidade cultural, lingüística e histórica de Galicia. Desde entón, as conmemoracións desta data sempre estiveron amenizadas pola nosa música e a nosa gastronomía como elementos insignia e inseparables da identidade galega.

Desde Gadis abrazamos todo o que implica ser de Galicia: a nosa gastronomía, as nosas tradicións, o noso clima e as particularidades da nosa comunidade. Somos galegos, somos locais e buscamos xerar unha relación a longo prazo coa nosa contorna. Por isto, nas nosas seccións de produto fresco sempre atoparás produtos de orixe galega e o persoal das nosas tendas proporciona toda a información para dar a coñecer á clientela os detalles de cada produto.

Fóra dos nosos supermercados, apoiamos ideas cidadás e empresariais da rexión, colaborando con iniciativas culturais, deportivas e de carácter social porque sabemos que apoiar á nosa comunidade é apostar por un futuro digno, saudable e máis igualitario para todas as persoas.

A industria galega e a súa denominación de orixe

Segundo un estudo realizado por RTVE, a agricultura, a gandería e a pesca ocupan case ao 6% das persoas traballadoras da nosa comunidade autónoma, colocándose dous puntos por enriba do dato xeral de España. Isto demostra que a industria agropecuaria e marítima teñen un peso importante en canto ao impacto económico que xeran en Galicia, sendo, á súa vez, fonte de emprego rural e un motor económico relevante no contexto galego.

A denominación de orixe (D.O.) é un selo oficial de calidade que se outorga a produtos que proveñen dunha área xeográfica específica, que adquiriron unhas calidades únicas, inherentes a ese lugar e ás súas características. Así, Galicia conta con varias denominacións de orixe en produtos como o viño, o mel, o queixo ou as castañas. Todos eles especialmente relevantes na gastronomía rexional e que contribúen a situar a Galicia no mapa culinario.

En Gadis, sabemos que o valor dos produtos de proximidade é múltiple. Por unha banda, polo seu baixo impacto no medio ambiente, xa que, ao producirse na área, o efecto do seu desprazamento é mínimo e redúcese o uso de envases. Doutra banda, son produtos frescos e de tempada, polo que o seu sabor e calidade é mellor, á vez que contribúen a apoiar á economía local e xeran maior confianza na clientela que coñece a súa orixe. Por todo isto, as nosas seccións de produto fresco son un reflexo do compromiso que mantemos co produto galego.

Xeramos riqueza na contorna

Como parte do noso compromiso coas comunidades nas que operamos, realizamos o 98% das compras en España. En 2023, colaboramos con 2.528 provedores e provedoras locais para fornecer os nosos estantes e seccións de produtos frescos. O noso crecemento como empresa de distribución alimentaria desenvólvese da man de empresas da nosa contorna.

Ademais, establecemos relacións de confianza a longo prazo que nos permitan ter un impacto na economía local e contribuír a xerar emprego. Propoñemos un diálogo constante cos nosos provedores e provedoras para promover de maneira conxunta condicións de traballo dignas a través de cláusulas sociais integradas nos contratos, que se complementan coa difusión do noso Código Ético e a nosa estratexia de Política de Responsabilidade Social Corporativa.

Gastronomía como punto de encontro

Comer é unha experiencia rotundamente social e cultural, que se consolidou como unha fórmula poderosa e infalible para crear lazos, compartir tradicións e construír identidades colectivas. Só podemos imaxinar unha boa celebración cun grupo de persoas queridas sentadas ao redor dunha mesa e unha variedade gastronómica ampla. A nosa gastronomía funciona como punto de encontro e acompañamento dos momentos máis felices. É por iso que, desde Gadis, queremos poñelo fácil e ofrecer unha gran diversidade de produtos frescos e de calidade de orixe galega para que a nosa clientela poida encher as mesas cos produtos que máis lle gustan.

Uns pementos de Padrón -que están de tempada-, unha boa tortilla con pataca galega e ovos ecolóxicos, polbo “á feira”, empanada ou tenreira galega poden ser algunhas ideas para servir nos fogares o próximo 25 de xullo. Unha comida para o recordo e para celebrar o noso orgullo galego!

O impacto positivo de ser locais

No Día de Galicia é importante lembrar que comprar directamente a provedores e provedoras locais ten un impacto positivo na economía local, contribúe a xerar empregos dignos e ao desenvolvemento sociocultural da contorna. Tamén ten beneficios para a saúde da comunidade e para o medio ambiente. Apostamos polas relacións locais para construír un futuro sostible e igualitario, no que o produto local sexa a peza central na nosa alimentación. Así, achegámonos á consecución das metas dos ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables, ODS 13. Acción polo clima e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha