Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Gadis contra o cambio climático

12 MARZO, 2025

Imagen Noticia Gadis contra o cambio climático

O próximo 22 de marzo celébrase A hora do planeta, o apagón que ten lugar o penúltimo sábado do mes de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 na hora local de cada país, como xesto simbólico para concienciar sobre a importancia do cambio climático. Esta iniciativa, que xurdiu en 2007 en Sídney, propuxo apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora para visibilizar a gravidade do problema, e converteuse nun movemento mundial ao que se sumaron xa máis de 200 países.

O quecemento global constitúe unha grave ameaza para o planeta. Apenas queda un lustro para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), un compromiso que forma parte da filosofía do modelo de negocio de Gadis. Para poder garantir un futuro sostible, é crucial adoptar prácticas máis responsables e respectuosas co medio ambiente. Por iso, puxemos en marcha medidas para reducir a nosa pegada de carbono, conservar os recursos naturais e mitigar o noso impacto na contorna.

Como combater o cambio climático

Pódese abordar o cambio climático de maneira efectiva a través de dúas estratexias: a mitigación e a adaptación. A combinación de ambas ofrece un enfoque máis amplo para contemplar as distintas fases da cadea de valor.

A mitigación inclúe as diferentes actuacións que levan a cabo para tratar de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e é esencial para minimizar os impactos ambientais, sociais e económicos do cambio climático. Estas medidas impulsan:

  • A eficiencia enerxética.
  • A redución da dependencia dos combustibles fósiles.
  • O aumento da enerxía renovable.

A adaptación refírese á capacidade das comunidades e os ecosistemas para axustarse ás condicións climáticas cambiantes e minimizar os impactos negativos do clima extremo. Esta adaptación pode implicar cambios na infraestrutura, na xestión da auga, na agricultura, na saúde pública ou na xestión de desastres. É clave para protexer ás persoas e os ecosistemas dos efectos negativos do cambio climático.

Que facemos en Gadis?

Entre as medidas de mitigación máis efectivas, atópanse o uso de enerxías renovables, a mellora da eficiencia enerxética e a redución do consumo de enerxía tanto nos edificios como nos sistemas de transporte. En Gadis, apostamos por unha loxística eficiente:

  • Na nosa estratexia de sustentabilidade ambiental fixámonos o obxectivo de alcanzar a máxima eficiencia enerxética para reducir as emisións de CO2 á atmosfera, apostando por enerxías alternativas e renovables coa instalación de paneis fotovoltaicos en diferentes puntos de venda.
  • A xestión diaria de toda a rede de supermercados réxese tamén polo obxectivo da maior eficiencia enerxética. Nas novas aperturas e na modernización dos establecementos, implementamos sistemas funcionais de frío e calor, así como de iluminación de última xeración, que garanten un aforro enerxético de aproximadamente o 40%. Tamén priorizamos o aproveitamento da luz e dos recursos naturais.
  • O noso sistema loxístico mantén o control de todo o proceso, desde a orixe ata a entrega diaria aos establecementos por unha frota de camións propios. Isto permítenos optimizar os roteiros de carga e transporte, axudando a afianzar o compromiso que asumimos de reducir as emisións de CO2 á atmosfera. Ademais, estamos a incorporar novas tecnoloxías e modelos de vehículos que reducen a súa pegada de carbono.
  • A loxística inversa permítenos recuperar os residuos orixinados nas tendas para a súa correcta separación selectiva evitando que circulen camións baleiros, contribuíndo a reducir, aínda máis, a nosa pegada de carbono.

Doutra banda, a agricultura e a gandería poden desempeñar un papel fundamental na mitigación do cambio climático, coa implementación de prácticas máis sostibles para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. Nesta materia, os desafíos son múltiples. Por esta razón, mantemos un compromiso firme coas nosas provedoras e provedores locais para fomentar o seu desenvolvemento e apoialos na súa aposta pola innovación.

Por último, participamos no fomento de cambios nos patróns de consumo coa atención personalizada no mostrador tradicional e un modelo que potencia a proximidade no trato para minimizar o uso de envoltorios ou envases e ofrecer á nosa clientela a opción de elixir a cantidade de produto que se axusta ás súas necesidades de consumo. Tamén incentivamos o consumo de produtos de quilómetro cero, frescos e de tempada, máis sostibles e, cada ano, incorporamos novas referencias ecolóxicas e de produción sostible.

O impacto positivo das medidas de Gadis contra o cambio climático

Traballamos para contribuír á mitigación do cambio climático, con medidas que promoven a diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á nosa actividade e á cadea de valor alimentaria, así como coa promoción de prácticas sostible. Co noso plan de eficiencia enerxética, logramos reducir un 40% o noso consumo enerxético e as nosas instalacións fotovoltaicas permítennos abastecernos de enerxía verde e evitar emisións de carbono. O noso compromiso con provedores e provedoras locais e a aposta por produtos de quilómetro cero tamén contribúen á redución da pegada de carbono.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha