Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Gadis co Día mundial do medio ambiente

4 XUÑO, 2024

Imagen Noticia Gadis co Día mundial do medio ambiente

O 5 de xuño celébrase o Día mundial do medio ambiente, unha conmemoración que busca concienciar sobre a fraxilidade do noso planeta e dos seus recursos naturais. Baixo o lema «As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración.», esta edición centrouse na restauración das terras, a loita contra a desertificación e o fortalecemento fronte á seca. De acordo cos datos da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación, ao redor do 40% das zonas terrestres do planeta están degradadas e os períodos de seca alongáronse e aumentaron un 29% desde o ano 2000. Unhas cifras que nos colocan ante unha situación de emerxencia, que require de medidas urxentes para reducir á metade as emisións anuais de gases de efecto invernadoiro e controlar a xeración de residuos, especialmente dos plásticos.



Para contribuír á consecución destes obxectivos, a estratexia ambiental de Gadis sostense en catro piares fundamentais: a xestión responsable dos recursos e residuos en toda a cadea de valor, a loxística inversa, o apoio á produción de proximidade e a eficiencia enerxética. Con motivo desta celebración, realizamos o balance estratéxico e constatamos unha mellora nos nosos datos de reciclaxe e reutilización de residuos. En 2023, puxemos de novo en circulación 10.000 toneladas de cartón, madeira e plástico a través de diferentes sistemas de valorización e proxectos de economía circular.

Que fai Gadis para protexer o medio ambiente?

Dentro dos catro vértices da nosa estratexia ambiental, deseñamos distintas liñas de actuación dirixidas a optimizar o aproveitamento de recursos, a eficiencia loxística, os roteiros de transporte e as fontes enerxéticas:

- Reducir, reutilizar e reciclar. Promovemos as tres R como parte da nosa cultura corporativa. Na actualidade, damos unha nova utilidade a máis do 95% dos residuos que xeramos e levanse a cabo ao redor de 4,8 millóns de movementos de caixas de plástico e outros envases reutilizables. Ademais, transformamos parte do cartón reciclado en caixas para os envíos dos pedidos a domicilio.

- Atención persoalizada para promover o consumo responsable. É unha ferramenta de gran utilidade para favorecer a redución do uso de envoltorios e envases e impulsar a compra e o consumo responsable, axudando a minimizar o desperdicio alimentario. A venda a granel permite que a cantidade de produtos se axuste ás necesidades da clientela e dos seus fogares. A isto únese o programa “A-proveito”, que consiste na redución substancial do prezo daqueles produtos cuxa data de consumo preferente estea próxima ao seu vencemento.

- Bolsas biodegradables. As bolsas que Gadis pon ao dispor da súa clientela nas seccións de produto fresco están fabricadas a partir da fécula da pataca, se desintegran nun período inferior a 180 días sen efectos contaminantes e o seu modelo de produción está baseado na economía circular porque se converten en abono para a agricultura biolóxica mediante un proceso de compostaxe.

- Medidas para axudar á clientela a reciclar. Favorecemos a valorización de residuos xerados nos seus fogares, poñendo á súa disposición puntos de recollida de pilas domésticas ou restos de aparellos electrónicos, que se entregan a xestores autorizados para a reciclaxe do 100% dos seus compoñentes. Nalgunhas tendas tamén se recollen cápsulas de café e habilitáronse illas de reciclaxe.

- Produción sostible e de proximidade. Xeramos riqueza socioeconómica na contorna a través das compras a máis de 2.000 provedores e provedoras de orixe local, priorizando a produción máis sostible e de proximidade. Ademais, nos supermercados, incentívase o consumo de produtos frescos e de tempada. Estas medidas reducen a pegada ambiental e fortalecen a eficacia do sistema loxístico, optimizando os roteiros e garantindo a rastrexabilidade.

- Máxima eficiencia enerxética. As reformas dos supermercados e as novas construcións lévanse a cabo cumprindo estritos parámetros de sustentabilidade ambiental, priorizando o aproveitamento dos recursos naturais e implementando tecnoloxías máis eficaces para a refrixeración, climatización e iluminación. Os novos sistemas con respecto aos convencionais poden chegar a supoñer un aforro no consumo enerxético de ata un 40%.

- Programa educativo Alimentes. Desde hai máis de dúas décadas, tratamos de concienciar a miles de nenos e nenas sobre o consumo responsable, a necesidade de evitar o desperdicio alimentario e de adoptar hábitos de vida máis saudables a través do noso programa educativo Alimentes. Ademais, tamén apoiamos campañas de sensibilización ambiental en colaboración con distintas organizacións.



O impacto da estratexia medioambiental de Gadis

A nosa estratexia ambiental permite mellorar cada ano as estatísticas de reutilización de residuos en toda a cadea e na sede central como parte dun proxecto de economía circular. En 2024, renovamos por segundo ano consecutivo o selo ‘De Residuos A Recursos: Zero A Vertedero’ de Saica Natur, que acredita o noso compromiso coa sustentabilidade ambiental. Para iso, un equipo de máis de 30 profesionais encárgase de que o sistema funcione, preparando e xestionando o envío dos materiais que chegan diariamente dos puntos de venda ás empresas especializadas para a súa posterior reciclaxe.



Estas e outras accións impactan de maneira directa na contorna e contribúen á consecución de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS3. Saúde e benestar, ODS 9.Industria, innovación e infraestrutura, ODS12. Produción e consumo responsable e ODS13. Acción polo clima.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha