App Gadis+: descubre as súas funcionalidades
27 NOVEMBRO, 2024
En Gadis somos conscientes da importancia de xerar unha conexión sólida coa nosa clientela e, nese sentido, a dixitalización foi clave para poder ofrecer unha experiencia próxima, multicanle e personalizada. As nosas plataformas dixitais non son só un medio de comunicación coas persoas consumidoras, senón que tamén constitúen unha ponte que nos conecta directamente coa comunidade da nosa contorna. Ademais da nosa web e das nosas redes sociais, que nos permiten ofrecer información valiosa, escoitar á nosa clientela e fomentar unha relación próxima e transparente, contamos tamén coa app GADIS+, cuxo obxectivo é mellorar a experiencia de compra nos nosos supermercados.

A APP GADIS+
A APP GADIS+ reúne nun único espazo información sobre as tendas e os produtos que se poden atopar, consellos saudables e receitas, ademais doutro tipo de información e recursos. Tamén se pode acceder ao apartado 100x100 autonómico e local, no que hai outro tipo de contido con información sobre festas gastronómicas, memes e fondos de pantalla, entre outros.
O uso de Gadis+ achega múltiples vantaxes: sorteos exclusivos, ofertas e descontos personalizados, billetes en formato dixital, e puntos de fidelidade. Así mesmo, as Familias Numerosas rexistradas poden usar a APP para participar no programa de apoio de Gadis; controlando o seu aforro desde a Carteira Gadis.

Como rexistrarse en GADIS+
A APP GADIS+ pode descargarse para Android e para iOS e o rexistro é moi sinxelo. Unha vez descargada no dispositivo, a clientela de Gadisline pode utilizar o mesmo usuario e contrasinal. Se non se dispón dunha conta en Gadisline, hai que darse de alta cunha dirección de correo electrónico e un contrasinal, que haberá que validar a través da mensaxe recibida no correo electrónico. Unha vez verificada a alta, xa se pode acceder a GADIS+ introducindo o correo electrónico indicado e o contrasinal.
APP Gadis+: descubre as súas funcionalidades
GADIS+ é unha ferramenta que facilita o proceso de compra da clientela nos supermercados con funcionalidades que evitan, por exemplo, o uso de papel e facilitan a consulta dos tiques de compra, ao almacenalos no perfil da persoa usuaria. Ademais, ofrece a posibilidade de participar en sorteos exclusivos, gozar de descontos personalizados, tendo en conta os produtos que se compran de maneira habitual, e conseguir puntos de fidelidade.
É unha app moi intuitiva con dúas pantallas nas que se accede ás súas distintas funcionalidades:
- Na primeira pantalla, visualízase a información sobre cupóns de desconto, puntos de fidelidade, carteira Gadis, tiques de compra, sorteos e Gadisline.
- Na segunda pantalla, no banner superior hai información sobre a conexión á WIFI GADIS e sobre as redes sociais de Gadis. Nesa pantalla tamén se pode acceder a funcionalidades relacionadas coa lista da compra (que a persoa usuaria pode facer na aplicación), folletos, consulta de produtos, tendas, consellos saudables e receitas.
Ademais, pode xestionarse toda a información sobre o perfil de usuario/a na icona que se atopa na parte superior esquerda. Aí pódese modificar a configuración do idioma (castelán ou galego), as notificacións que se desexan recibir (Oportunigadis, folletos, billetes, Gadis+ e Gadis Saudable), os datos persoais, vincular contas antigas, cambiar o contrasinal, seleccionar o formato do tique de compra (papel ou dixital) e darse de baixa en GADIS+. Na parte superior dereita, atópase unha icona para acceder ao apartado no que se pode consultar máis información e realizar suxestións sobre a app.

É importante ter en conta que, para poder facer uso de funcionalidades como os cupóns desconto ou o billete electrónico, é necesario xerar un código QR antes de pasar por caixa. Para iso, hai que clicar sobre a tarxeta que aparece entre o banner da parte superior e o menú de calquera das dúas pantallas principais. Entón, abrirase unha pantalla na que se solicitará o permiso para o axuste de brillo e, ao aceptar, xerarase un código QR que caducará aos 3 minutos. Ese código QR ha de presentarse á persoa que está en caixa ou ante o lector das caixas de autoservizo. É recomendable xeralo xusto no momento de pagar para que non expire a súa validez antes de efectuar o pago.
O impacto positivo da APP Gadis+
Nosa APP GADIS+ xa foi descargada por máis de 100.000 persoas e contribúe diariamente a mellorar a súa experiencia de compra, impactando de maneira positiva en distintos aspectos. Por unha banda, reduciu o uso de papel nas nosas caixas ao permitir almacenar os tiques de compra de maneira dixital. Ademais, ofrécenos a posibilidade de realizar ofertas personalizadas á nosa clientela, diminuíndo o gasto das súas compras e facilitando a súa planificación. Por último, puxemos en marcha unha campaña de capacitación dixital con asistencia personalizada en tenda para a nosa clientela de maior idade, que contribuíu a mellorar a súa competencia dixital e reducir a fenda de uso.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra