Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

El impacto de la alimentación en la igualdad de oportunidades educativas

28 XANEIRO, 2026

Imagen Noticia El impacto de la alimentación en la igualdad de oportunidades educativas

O 24 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación, unha data que convida a reflexionar sobre a importancia do acceso a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todas e todos. Neste sentido, é importante entender que a educación non só depende das aulas e os docentes, senón tamén das condicións nas que os nenos e as nenas acceden a ela. Entre outros factores, a alimentación é quizá un dos máis determinantes e ao que non se lle adoita prestar tanta atención.

En Gadis, cremos firmemente que unha alimentación saudable e nutritiva é un piar esencial para construír sociedades máis xustas, inclusivas e con igualdade de oportunidades. Por iso, con motivo desta conmemoración, queremos reflexionar sobre como a alimentación inflúe na educación, como pode reducir a fenda educativa e promover a inclusión, e que accións estamos a desenvolver para potenciar este impacto.

O efecto da alimentación no rendemento escolar

Demostrouse que unha boa alimentación é clave para o desenvolvemento cognitivo e o rendemento académico. Os nenos, nenas e adolescentes que teñen unha alimentación equilibrada mostran mellores habilidades de concentración, maior memoria e un rendemento escolar superior. Pola contra, a falta de determinados nutrientes pode afectar á atención, a memoria e a capacidade de aprendizaxe, creando unha barreira que dificulta o seu desenvolvemento persoal e social.

Ademais, unha alimentación saudable axuda a manter niveis de enerxía adecuados durante toda a xornada escolar, evitando a fatiga, a somnolencia e os problemas de concentración. Isto é especialmente importante en grupos vulnerables nos que, a miúdo, a inseguridade alimentaria limita o acceso a unha dieta equilibrada.

Inseguridade alimentaria e desigualdade educativa

A inseguridade alimentaria, entendida como a falta de acceso constante a alimentos suficientes, nutritivos e adecuados, é unha das principais causas das desigualdades no ámbito educativo. Quen vive en condicións de pobreza adoita enfrontarse a unha dobre carga: a falta de recursos para acceder a unha educación de calidade e a insuficiencia dunha alimentación adecuada. Así, a pobreza limita o acceso a alimentos nutritivos, o que afecta o desenvolvemento cognitivo e ao rendemento escolar, dificultando, á súa vez, a posibilidade de mellorar as súas condicións económicas no futuro. A fenda educativa, nestes casos, amplíase e perpetúase de xeración en xeración.

Garantir o acceso a unha alimentación saudable nas escolas e nos fogares é unha estratexia efectiva para reducir esta fenda. Cando os nenos e as nenas contan cunha alimentación adecuada, teñen máis posibilidades de aproveitar ao máximo o seu proceso educativo, acceder a mellores oportunidades e, en última instancia, romper cos ciclos de pobreza e exclusión.

Accións para promover a igualdade de oportunidades a través da alimentación

En Gadis, apostamos polo consumo de produtos frescos, locais e de tempada, non só polo seu sabor e calidade, senón tamén polo seu impacto social e ambiental. O acceso a alimentos frescos e nutritivos pode marcar unha gran diferenza na vida dos escolares e os programas de alimentación que os inclúen contribúen a mellorar a saúde, reducir as taxas de abandono e promover a inclusión de nenos e nenas en situación vulnerable.

Así mesmo, ao apoiar a produtores e produtoras locais, contribuímos a reducir as desigualdades. A economía local fortalécese, xéranse empregos e promóvese un desenvolvemento máis equitativo nas comunidades, creando unha contorna onde todos e todas teñan a oportunidade de acceder a unha alimentación saudable, independentemente do seu nivel socioeconómico.

Para avanzar na construción dun sistema educativo máis inclusivo e equitativo, é necesaria a colaboración de diferentes axentes. En Gadis, apoiamos tres vías que poden marcar a diferenza:

  • Implementar programas de alimentación escolar con produtos locais e de tempada. As escolas incorporan nos seus menús froitas, verduras e cereais provenientes de produtores e produtoras próximas, garantindo frescura e calidade, ademais de apoiar a economía local. Un exemplo é o programa Ecocomedores da Biosfera, que apoiamos nos seus inicios.
  • Fomentar a educación nutricional. Educar a estudantes, docentes e familias sobre a importancia dunha alimentación equilibrada axuda a crear hábitos saudables que perduren ao longo da vida e que contribúen a reducir desigualdades. Ese é o obxectivo do noso programa Alimentes, que leva máis de 25 anos activo.
  • Incentivar o acceso a alimentos nutritivos en comunidades vulnerables. A colaboración entre entidades do terceiro sector e as empresas é clave para liquidar a inseguridade alimentaria en grupos vulnerables. En Gadis, colaboramos con FESBAL, a Federación de Bancos de Alimentos, e participamos cada ano na campaña A Gran Recollida e organizamos a campaña Maio Solidario.

O impacto positivo da promoción da alimentación saudable para reducir desigualdades

Unha alimentación saudable e nutritiva é unha ferramenta poderosa para pechar fendas, promover a inclusión e construír sociedades máis xustas e equitativas. Neste Día Mundial da Educación, reafirmamos a nosa responsabilidade para seguir traballando por un futuro onde a educación e a alimentación sexan dereitos universais, accesibles para todas e todos, sen excepción. Por iso, buscamos que o noso compromiso coa promoción de hábitos saudables constitúa tamén un impulso á economía local e contribúa a reducir desigualdades, que nos permitan seguir avanzando na consecución das metas dos ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar, ODS 4. Educación de calidade, ODS 10. Redución das desigualdades e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha