Economía circular: novidades e estratexias en Gadis
19 AGOSTO, 2026
Cada vez que imos ao supermercado, tomamos decisións que van máis aló dos nosos fogares. A forma na que consumimos importa. Facelo de forma responsable, tendo en conta o coidado do planeta e a realidade do territorio, convértenos nunha sociedade máis resiliente, comprometida e cunha mirada posta no futuro.
Que é a economía circular?
Segundo a Fundación Ellen MacArthur, a economía circular baséase en tres principios:
- Eliminar os residuos e a contaminación.
- Circular os produtos e materiais (no seu valor máis alto).
- Rexenerar a natureza.
É dicir, fronte ao modelo lineal de "producir, usar e tirar", a economía circular busca deixar de producir residuos, favorecendo que os materiais permanezan o maior tempo posible en uso a través de procesos como a reciclaxe, a reutilización, a revalorización, a reparación, o alugueiro, etc.
Por tanto, a economía circular constrúese nun marco de solucións sistémicas coa capacidade de dar resposta a desafíos globais como o cambio climático, a perda de biodiversidade, a xeración de residuos e a contaminación. Este modelo apóiase nunha transición cara a enerxías e materiais renovables, cara a estratexias de deseño innovadoras e novos modelos de negocio. En definitiva, unha estratexia para a resiliencia do planeta, dos recursos naturais, a biodiversidade e para o benestar do ser humano.
Que facemos en Gadis?
En Gadis, a economía circular está presente na nosa estratexia de negocio desde hai décadas. É unha solución necesaria para garantir a supervivencia do planeta e dos recursos cos que traballamos, alén de ser o modelo de negocio que consideramos máis responsable, viable e sostible a longo prazo.
De forma prioritaria, continuamos traballando de xeito efectivo para alcanzar o obxectivo cero residuos na nosa sede central. Por terceiro ano consecutivo, recibimos o selo “De Residuos A Recursos: Zero A Vertedoiro”, de Saica Natur (auditada por TÜV SÜD), grazas á valorización do 99,5% dos residuos que xeramos na plataforma loxística do Polígono de Piadela, en Betanzos.
Centros loxísticos sostibles
En Gadis contamos con dous centros loxísticos principais situados en Betanzos e en Medina del Campo. Ademais, temos plataformas propias para produtos frescos, froitas e verduras e outros produtos perecedoiros e non perecedoiros. Para a xestión eficaz do peixe, contamos con plataformas loxísticas directamente nas lonxas da Coruña e Vigo e un centro de redistribución en Valladolid.
Nestes centros tamén aplicamos estratexias que son clave para a economía circular:
● Control de stock: optimizamos a subministración a través dun aprovisionamento eficiente e da xestión de pedidos e existencias que nos permite evitar o desperdicio.
● Embalaxes sostibles na loxística: con materiais reciclados ou sostibles.
Puntos de venta
Con máis de 220 supermercados entre Galicia e Castela e León, a eficiencia na distribución e as alternativas de consumo sostible son clave para impulsar a economía circular en toda a cadea de valor:
● Transporte optimizado: cun sistema de control integral da distribución que permite optimizar e axilizar as entregas, que se complementa cunha frota de máis de 240 vehículos propios para cubrir as necesidades de transporte e conservación. O noso compromiso cos provedores de proximidade garante o principio de km 0 tamén en distribución.
● Alternativas de consumo sostible: en supermercados Gadis, apostamos pola variedade. Por iso ofrecemos multitude de alternativas de consumo sostible para que a nosa clientela decida como levar a súa compra a casa. Así, temos un amplo catálogo de produtos a granel, atención personalizada nas seccións de produto fresco, envases sostibles (bolsas biodegradables, de papel reciclado, reciclables e de malla), realizamos descontos en produtos próximos á data de consumo preferente e doazóns de produto.
1787224158678.jpg)
Xestión de residuos
A xestión de residuos é un dos grandes piares da economía circular. En Gadis queremos deixar de falar de residuos para falar de materiais que poden ter novos usos. Así, temos un sistema interno de loxística inversa que consiste en clasificar e reciclar envases e embalaxes para valorizar estes residuos e introducilos de novo na nosa cadea de valor.
En 2024, reciclamos un total de 9.109 toneladas de residuos. O cartón convertémolo en caixas para o noso sistema loxístico e de servizo a domicilio, o plástico reciclado convértese en filme estirable de polietileno para utilizar nas nosas seccións de produto fresco e traballamos con palés reciclados de madeira certificada con orixe sostible.
Reciclar é un traballo colectivo. Por iso, incorporamos nalgúns dos nosos supermercados illas de reciclaxe, recollida de cápsulas de café e puntos de recollida de pilas domésticas ou restos de aparellos electrónicos, que se entregan a xestores autorizados para facilitar a reciclaxe á nosa clientela.
1787224208362.jpg)
O impacto positivo da economía circular
A economía circular converteuse nunha insignia do noso modelo de negocio. Grazas á implementación de estratexias de circularidade non só conseguimos reducir considerablemente os residuos que xeramos, senón que tamén modificamos a nosa forma de distribución e de relación coa clientela. O noso compromiso coa economía circular está presente en todas as fases da nosa actividade para garantir o uso responsable dos recursos, o aproveitamento dos excedentes e a complicidade coa nosa clientela.
Grazas a priorizar a economía circular, en Gadis contribuímos á consecución das metas dos ODS 9. Industria, innovación e infraestruturas, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables, ODS 13. Acción polo clima e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
1787224260497.png)
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra