Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Economía circular, motor de innovación en Gadis

8 ABRIL, 2026

Imagen Noticia Economía circular, motor de innovación en Gadis

A circularidade forma parte do noso ADN. Desde hai anos, en Gadis traballamos para manter e fomentar o uso responsable dos recursos, establecer e consolidar relacións duradeiras con provedores e provedoras locais, e mellorar a eficiencia enerxética. Son os eixos craves do noso compromiso coa sustentabilidade económica, social e medioambiental. Como empresa do sector da alimentación e distribución, a nosa prioridade é buscar un liderado que demostre que a circularidade é posible e necesaria para asegurar o benestar da sociedade actual e das próximas xeracións.

Os datos aválannos. Por terceiro ano consecutivo, recibimos a acreditación “De Residuos a recursos: zero a vertedero” de Saica Natur, que recoñece a capacidade de reutilización de materiais do noso sistema. Na nosa plataforma loxística da sede central en Betanzos, xa valorizamos o 99,5% dos residuos que xeramos. Este é o piar fundamental dun modelo de negocio que busca o equilibrio entre o progreso socioeconómico e a protección ambiental, convertendo a economía circular nun motor de innovación. Deste xeito, avanzamos sen perder a nosa esencia: proximidade, calidade e responsabilidade coa contorna.

Economía circular na loxística de Gadis

A nosa estratexia de economía circular asíntase sobre tres premisas: reducir, reutilizar e reciclar. A integración da circularidade no noso modelo de negocio iníciase nas plataformas loxísticas, onde o control intelixente do stock está deseñado para previr o desperdicio alimentario a través da xestión eficaz dos pedidos.

Por outra banda, a aplicación da loxística inversa promove a reutilización dos materiais co retorno das embalaxes sostibles desde os puntos de venda á sede central. Cando volven á plataforma de Betanzos, un equipo de ao redor de corenta profesionais xestiona o cartón, o plástico e a madeira, logrando que se reintegren á cadea de valor preto de dez mil toneladas de residuos. Así, destinamos cada ano unhas 7.100 toneladas de papel e cartón á fabricación de máis de 37 millóns de caixas reciclables, que utilizamos para as compras en liña e os pedidos a domicilio.

Ademais, derivamos o plástico a empresas especializadas que o transforman en filme estirable. No último ano, un total de 700 toneladas de polietileno de baixa densidade convertéronse en 3 millóns de metros cadrados de filme estirable. Mesmo atopamos a forma de dar unha nova vida aos residuos plásticos non reciclables: xerar enerxía equivalente ao consumo anual de 74 fogares.

A circularidade nos nosos supermercados

O compromiso de Gadis coa circularidade está presente tamén nos nosos supermercados. Evitamos o desperdicio alimentario coa venda a granel no mostrador tradicional, co servizo de corte personalizado nas seccións de produto fresco e coa atención directa do noso persoal que promove o consumo responsable. De igual xeito, reducimos o uso de plástico coas bolsas dos produtos frescos fabricadas con fécula de pataca que poñemos ao dispor da clientela e, na sección de froitas e verduras, tamén de papel reciclado. Así mesmo, a nosa clientela pode traer os seus propios envases para evitar o uso de recipientes dun só uso.

Nalgúns dos nosos establecementos, contamos tamén con illas de reciclaxe de diferentes materiais e puntos de recollida de pilas ou cápsulas de café, para facilitar a reciclaxe ás persoas que visitan as nosas tendas.

Para rematar, o noso compromiso coa circularidade levounos a tratar de promover a semente do cambio nas novas xeracións e este é o propósito do noso programa educativo Alimentes, que busca concienciar a miles de nenos e nenas sobre a importancia do consumo responsable, dos hábitos de vida saudables e de evitar o desperdicio alimentario.

O impacto positivo da circularidade de Gadis

O coidado do medio natural inflúe de forma directa no benestar das persoas que o habitan. Por iso, a economía circular é un motor de innovación en Gadis, xa que nos obriga a seguir evolucionando para tratar de minimizar ao máximo o noso impacto negativo na contorna.

En Gadis, aplicamos os principios da economía circular en todas as fases da nosa actividade, para reducir o noso consumo de recursos e reintroducir os residuos na nosa cadea de valor á vez que promocionamos o consumo responsable entre a nosa clientela. Ao longo de 2025, valorizamos e puxemos en circulación de novo máis de 8.600 toneladas de cartón e máis de 820 de plástico. Isto supuxo que a taxa de residuos que volvemos integrar na cadea de valor alcanzase o 99,5%.



Coa nosa aposta pola economía circular, seguimos traballando para contribuír á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 7. Enerxía alcanzable e non contaminante, 11. Cidades e comunidades sostibles, 12. Produción e consumo responsables, 13. Acción polo clima, 14. Vida submarina e 15. Vida de ecosistemas terrestres.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha