Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Coñece máis Gadis

8 XANEIRO, 2025

Imagen Noticia Coñece máis Gadis

Gadis forma parte de GADISA Retail, unha división de GADISA cuxa actividade principal é a distribución por xunto e en supermercados que ostenta o liderado do sector no noroeste de España. Con capital 100% nacional, está composta por cinco liñas de negocio que contan cunha rede de 479 establecementos de venda en 13 provincias de Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid.

GADISA Retail

A misión de GADISA Retail é ofrecer de forma sostible a maior variedade de produtos, adaptados ás necesidades das persoas, coa mellor relación calidade- prezo, compartindo coa nosa contorna o valor e riqueza que xeramos. Desde o principio, a nosa filosofía de honestidade e vocación de servizo centrouse en tres piares fundamentais para satisfacer mellor as necesidades da clientela:

  • Calidade. A nosa cadea de valor e o noso sistema loxístico permítennos ofrecer unha ampla variedade do mellor produto fresco, unha ampla gama de marcas líderes e unha marca propia de confianza ao mellor prezo.
  • Variedade. Máis de 20.700 referencias que se adaptan ás necesidades cambiantes da nosa clientela e que lle ofrecen unha opción de consumo para cada momento.
  • Proximidade. 479 puntos de venda nos que os nosos e as nosas profesionais ofrecen un trato próximo e personalizado grazas á aposta pola atención en seccións e o acompañamento ás persoas.

Liñas de negocio

GADISA Retail conta con cinco liñas de negocio:

GADIS:

  • GADIS. 212 puntos de venda en Galicia e Castela e León. Son establecementos de proximidade en núcleos urbanos ou semiurbanos, que destacan pola súa abundante selección de produtos frescos, ecolóxicos e opcións adaptadas a diversas necesidades dietéticas. Outro dos seus acenos de identidade é a atención personalizada a través do mostrador tradicional.
  • GADIS Hiper. 11 puntos de venda. Son grandes superficies nas principais cidades das provincias de Galicia e Castela e León cunha variedade que inclúe outras seccións, como electrónica, bazar e téxtil.
  • GADISline. Supermercado en liña. Dispoñible desde 2001, aumenta a flexibilidade e opcións de compra da nosa clientela, que pode realizarse a través da web e da APP.

Casa Claudio. 2 puntos de venda en Galicia. Son tendas que forman parte da historia da Coruña. A primeira abriu as súas portas en 1889. Actualmente, ofrecen unha ampla gama de produtos gourmet, incluíndo artigos gastronómicos e enolóxicos.

Cash IFA. 12 puntos de venda en Galicia e Castela e León. Son establecementos de grandes dimensións para profesionais de sectores como a hostalería e a restauración.

Supermercados Claudio. 242 puntos de venda en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid. É a nosa liña de establecementos franquiados e coa que apostamos polo emprendemento e o apoio ao desenvolvemento socioeconómico en contornas rurais e semiurbanos:

  • Claudio. Tendas en pequenas e medianas poboacións que manteñen a variedade de produtos e a atención personalizada que caracteriza todos os establecementos de GADISA, facéndoos accesibles a poboacións de menor tamaño.
  • Claudio Express. Tendas de conveniencia, a maior parte situadas en estacións de servizo e gasolineiras. Ofrecen unha variedade básica que se adapta ás necesidades da clientela.

Manduka. Establecementos de restauración situados nalgúns GADIS Hiper.

Sistema loxístico de GADISA Retail

As orixes da nosa empresa sitúanse en Galicia e en Castela e León e ese é o motivo polo que os dous principais centros loxísticos atópanse en Betanzos e en Medina del Campo, con plataformas propias para produtos frescos, froitas e verduras e outros produtos. Ademais, para transportar o peixe en menos de 24 horas, contamos con plataformas loxísticas directamente nas lonxas da Coruña e Vigo e un establecemento para a redistribución en Valladolid.

En 2023, continuamos avanzando no proceso de ampliación do noso centro loxístico de Betanzos iniciado no exercicio anterior, para a construción dunha plataforma que contará cunha superficie de 24.400 m2. Ademais, tamén iniciamos, a través de Pescarmar, as obras de construción dunha nave para a preparación e distribución de peixe e marisco no peirao do Porto da Coruña. Con estas novas instalacións, aumentaremos a capacidade de almacenaxe e reforzamos o compromiso coa nosa contorna e coa sustentabilidade ambiental.

GADISA Retail en datos

Dacordo coa información da nosa última memoria corporativa, estes son os datos de GADISA Retail no ano 2023:

  • 8.558 persoas traballadoras.
  • 1.569,15 millóns de € de facturación.
  • 13,79 millóns de € en inversións.
  • 155,06 millóns de € en achega ao gasto público.
  • Máis dun millón de clientes e clientas.

O impacto de GADISA

GADISA Retail mantén unha serie de compromisos e principios básicos de actuación que se despregan na operativa de cada unha das súas liñas de negocio. Entre os obxectivos e prioridades estratéxicas da organización, atópase o fomento do impacto positivo cunha tripla perspectiva:

  • Sustentibilidade ambiental: promoción da continuidade das súas actividades no tempo, reforzando o compromiso coa protección do medioambiente e o benestar social, especialmente nas comunidades onde opera.
  • Sustentibilidade social: compromiso coas necesidades da sociedade, que se traduce nunha importante aposta polo desenvolvemento social e cultural da contorna.
  • Sustentibilidade económica: compromiso coa mellora na calidade de vida da clientela, persoas traballadoras, provedores/as e da sociedade en xeral.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha