Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Coidando o futuro: programas que apoian á infancia e á educación de Gadis

19 NOVEMBRO, 2025

Imagen Noticia Coidando o futuro: programas que apoian á infancia e á educación de Gadis

Cada 20 de novembro, Nacións Unidas impulsa a celebración do Día Mundial da Infancia, coincidindo coa data na que a súa Asemblea Xeral aprobou a Declaración Universal dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención dos Dereitos do Neno en 1989. Ambos os documentos funcionan como instrumentos internacionais que establecen e recollen os dereitos dos nenos e as nenas a nivel mundial. Sitúan o foco no dereito á vida, á saúde e á educación, á vida familiar, á protección fronte a violencia e discriminación, a xogar e a que se escoiten as súas opinións.

Dacordo co estudo Estado Mundial da Infancia 2024. O futuro da infancia nun mundo en transformación de UNICEF, a transición demográfica, as crises climáticas e medioambientais e as tecnoloxías de vangarda constitúen os tres grandes retos que se deben de afrontar entre 2024 e 2050. Neste proceso, tanto as institucións internacionais como os gobernos e a cidadanía deben velar polo benestar, a igualdade de oportunidades e a protección da infancia como aposta imprescindible para construír un futuro digno, sostible, xusto e inclusivo. O Día Mundial da Infancia ofrece unha oportunidade para defender, promover e celebrar os dereitos dos nenos e das nenas e concienciar sobre a necesidade de dar resposta a estes desafíos.

En Gadis facémonos eco desta responsabilidade colectiva e activamos varias liñas de acción para contribuír á igualdade de oportunidades da infancia, independentemente das súas circunstancias.

Proxectos cos que Gadis de apoia á infancia e á educación

O noso compromiso coa infancia céntrase, fundamentalmente, na alimentación digna e a adquisición de hábitos de vida saudables. Por iso, poñemos en marcha diversos programas e alianzas con centros escolares e institucións que velan por salvagardar o benestar da infancia. Estas son algunhas das iniciativas de Gadis:

  • Programa educativo Alimentes. O noso proxecto educativo ten como obxectivo fomentar unha alimentación e hábitos de vida saudables, dar a coñecer a cadea de valor alimentaria e promover o consumo responsable. A través de contidos dixitais adaptados aos currículos oficiais de educación infantil e primaria de Galicia e Castela e León, aos que o programa ofrece acceso gratuíto foméntanse prácticas sostibles desde a infancia. As 14 unidades didácticas para diferentes niveis educativos permiten traballar na aula aspectos relacionados coa alimentación, o desperdicio alimentario ou a cadea de produción alimentaria. De forma complementaria, tamén se ofrecen visitas aos nosos supermercados para achegar unha perspectiva máis práctica do aprendido grazas ao acompañamento de persoal especializado. Se es docente en Galicia ou Castela e León e che gustaría participar no programa Alimentes, aínda estás a tempo de rexistrarte na seguinte ligazón: https://alimentes.gadis.es/rexistro-profesor
  • Colaboración regular con UNICEF. Desde 1993, colaboramos con UNICEF, a axencia da ONU para a infancia, apoiando as súas iniciativas en distintos lugares do mundo. Ao longo destas tres décadas, realizamos múltiples contribucións: envío de vacinas contra a polio, de sobres de alimento terapéutico e de pastillas potabilizadoras, así como de kits de supervivencia con subministracións esenciais. Desta forma, contribuímos á protección de nenos e nenas que viven en contornas que enfrontan conflitos bélicos, catástrofes naturais ou falta de recursos e infraestruturas.
  • Apoio a iniciativas culturais, deportivas e de desenvolvemento local. Como parte do noso programa de RSC, contribuímos ao desenvolvemento de distintas accións. En 2024, apoiamos máis de 1.700 eventos culturais e de desenvolvemento local e 770 iniciativas deportivas, das cales, unha alta porcentaxe estiveron destinadas á infancia e ás familias. Garantir que nenas e nenos teñan acceso á cultura e ao deporte é fundamental no seu proceso de aprendizaxe e desenvolvemento integral. O noso apoio a carreiras populares ao longo do territorio galego, o impulso do Family day en Ou Marisquiño ou o noso patrocinio do Festival da Luz cunha programación propia para a infancia, poñen de manifesto o noso compromiso co fomento de hábitos culturais e deportivos entre os máis pequenos. Unha aposta clave na súa socialización, na súa adquisición de hábitos de vida saudables e no seu dereito a aprender.

O impacto positivo de comprometernos coa infancia

Salvagardar o benestar da infancia non só é unha responsabilidade e un deber común, senón que tamén permite garantir a igualdade de oportunidades, a inclusión e a salvagarda dun futuro plural. En Gadis apoiamos á infancia a nivel global, co impulso de programas educativos ao redor da alimentación e os hábitos de vida saudables, apoiando iniciativas de carácter solidario que aseguran o acceso a unhas mellores condicións sanitarias, a auga potable e a alimentación, e apostando por eventos culturais e deportivos como estratexia crave no desenvolvemento integral e no fomento de hábitos de vida saudables entre as nenas e os nenos das nosas comunidades locais.

Grazas a estas iniciativas achegámonos ás metas dos ODS 1. Fin da pobreza, ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar, ODS 4. Educación de calidade, ODS 6. Auga limpa e saneamento, ODS 10. Redución das desigualdades e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha