Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Celebra o Día do Libro cos nosos Microrrelatos

22 ABRIL, 2025

Imagen Noticia Celebra o Día do Libro cos nosos Microrrelatos

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. A data non é casualidade, xa que conmemora o falecemento de tres dos grandes escritores de todos os tempos: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

A aposta polo desenvolvemento social e cultural da nosa contorna é unha dos acenos de identidade do noso programa de RSC. Colaboramos con accións de apoio á comunidade e adoptamos un compromiso firme coas entidades sociais e de carácter privado que dinamizan culturalmente o noso contexto. Así, cada ano colaboramos con máis de 1.500 iniciativas de carácter cultural e deportivo.

No ámbito literario, cabe destacar o noso Concurso de Microrrelatos, unha iniciativa que celebrou a súa quinta edición en 2024 e que, unha vez máis, volveu a bater o récord de participación. Ademais, desde que se iniciou o proxecto no ano 2020, publicamos preto de 60.000 libros e editamos 360.000 exemplares con motivo do Día das Letras Galegas, consolidando o apoio ao labor editorial e cultural en Galicia e España.

Este concurso busca estimular a creatividade da nosa clientela cun formato de relato micro, no que se poden presentar textos de entre 3 e 100 palabras, orixinais, únicos e inéditos, escritos en galego ou castelán. Cada ano proponse unha temática diferente que funciona como guía para activar a imaxinación das persoas participantes. A temática da nosa última edición, a de 2024, foi “Os inicios”, unha oportunidade para pensar nas orixes e imaxinar posibles futuros.

A edición de 2024 en datos

Por quinto ano consecutivo, o Concurso de Microrrelatos de Gadis alcanzou un novo máximo de participación. En 2024, foron 2.016 os proxectos presentados, fronte aos 1.855 da edición anterior. Tanto os tres proxectos gañadores como os 95 finalistas incluíronse na publicación anual que se edita para difundir o talento e as historias de todas as persoas participantes. A finais de outubro de 2024, distribuíronse 12.000 unidades gratuítas para a clientela dos supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.

Este concurso capta a atención de persoas mozas e maiores, cun amplo rango de idades na participación e un imaxinario interxeracional que non deixa indiferente a ninguén. Na última edición, a persoa participante máis nova tiña 15 anos e a máis veterana, 75. Esta iniciativa brinda a oportunidade de entender a diversidade desde a creatividade de diferentes xeracións.

Se non tivéchedes a oportunidade de conseguir unha das publicacións en papel, convidámosvos a que visitedes a páxina web dos Microrrelatos, onde podedes atopar as historias gañadoras e as finalistas de todas as edicións.

O primeiro premio da V edición do concurso recaeu na galega Natalia Portas (44), de Pontevedra, con Metamorfose, un fermoso e delicado relato sobre a transformación dunha eiruga en bolboreta. Jesús Suárez (51), veciño da Coruña, levou o segundo premio con Martes, un relato con sorpresa final incluída, que nos augura un futuro intergaláctico. O terceiro premio foi para o relato El latido cósmico de Antonio Sánchez (43) de Zaragoza, cun relato poético sobre o universo e a existencia.

Por que facemos isto?

Tanto a gastronomía como a cultura son unha parte imprescindible e transversal da nosa identidade colectiva. Gadis mantén un compromiso sólido co sector cultural local, xa que o entendemos como un motor para a transformación social e a dinamización do territorio. Enorgullécenos apoiar máis de 1.500 iniciativas de carácter cultural e deportivo cada ano porque nos permiten aprender, avanzar, innovar e crecer acompañando á nosa comunidade máis próxima.

Desde a súa primeira edición, este concurso supuxo un proxecto emocionante que nos axuda a achegarnos á nosa clientela e no mundo creativo de moitas persoas. Coa publicación destes libros, non só visibilizamos o talento e a creatividade local, xerando un impacto real nos fogares de miles de persoas, senón que tamén continuamos co noso compromiso de fomento de hábitos saudables na sociedade. Neste caso, vinculados á lectura e ao desenvolvemento da creatividade individual.

Esta liña de acción reforza o noso compromiso co ODS 4 Educación de calidade e o ODS 10 Redución das desigualdades.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha