Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Cambio de despensa. Chega a primavera!

19 MARZO, 2026

Imagen Noticia Cambio de despensa. Chega a primavera!

É 20 de marzo e chegou a primavera! Este venres, en todos os lugares do planeta, a duración do día e a noite será a mesma. Este equinoccio marca o cambio no que os días serán cada vez máis longos e empezaremos a notar unha subida progresiva das temperaturas. Tanto en Galicia como en Castela e León, a chegada da primavera adoita estar marcada por precipitacións intensas. O combo perfecto para que a natureza e os ecosistemas poidan florecer e para acumular recursos hídricos antes da chegada do verán.

O comezo da primavera afecta tamén ao estado de ánimo. As temperaturas máis agradables fomentan o uso dos espazos exteriores e os encontros máis frecuentes con familiares e amizades. Ademais, o mundo animal sae da hibernación, regresan as aves migratorias e proliferan os insectos.

E como afecta isto á nosa alimentación?

Pois de xeito natural, o noso corpo pide alimentos frescos e lixeiros, con abundancia de froitas e legumes. É un bo momento para incluír unha gran variedade de cores na nosa alimentación e prestar máis atención á cantidade de auga que consumimos para manter a nosa hidratación en días máis calorosos.

Así, os alimentos de tempada convértense nunha peza clave da alimentación primaveral, xa que achegan unha alta cantidade de nutrientes de calidade, como vitaminas, minerais e antioxidantes, ao respectar o ciclo biolóxico dos alimentos. Coma sempre, nos nosos supermercados Gadis, os alimentos frescos estarán no seu punto óptimo de maduración, podendo pasar directamente do supermercado á túa mesa.

A importancia dos alimentos de tempada para Gadis

En Gadis, os alimentos de tempada son tamén de orixe local, posto que os nosos provedores e provedoras de proximidade son os que proporcionan os produtos máis frescos. Ao adquirir estes produtos de proximidade, non só minimizamos as necesidades de transporte de longa distancia, senón que tamén garantimos que chegue aos nosos supermercados no seu punto óptimo de maduración. Desta maneira, mitigamos o impacto negativo no medio ambiente, reducindo a pegada de carbono.

O noso compromiso a longo prazo coa rede de provedores locais contribúe á dinamización da economía local, ao desenvolvemento compartido e á modernización sostible das infraestruturas. Buscamos que as comunidades nas que operamos poidan manter a súa actividade e mesmo continuar co seu crecemento, á vez que fornecemos produtos da zona á nosa clientela.

Nas nosas seccións de produto fresco pódense atopar alimentos de tempada en todas as estacións do ano. Moitos deles son de orixe ecolóxica, é dicir, que foron cultivados sen utilizar substancias químicas artificiais e respectando os ciclos naturais de produción. Estes alimentos teñen sabores máis intensos e saborosos, e a súa achega de nutrientes é maior.

Entón, que cambia na nosa despensa coa chegada da primavera?

A chegada da primavera adoita vir acompañada dun cambio de despensa que inclúe máis froitas, verduras e legumes frescas na nosa dieta. Coa subida das temperaturas, é habitual que se consuman crúas. Cómense máis ensaladas, aumenta o consumo de froita e tamén pasamos a sopas e cremas máis lixeiras, que axudan a ir transitando dos primeiros meses primaverais cara ao verán.

Inauguramos esta estación co amorodo e o fresón, cuxos primeiros exemplares aparecen na nosa froitería ao longo destas semanas. O kiwi, o limón, o níspero ou a laranxa tamén son froitas clave nesta época do ano. Ás portas do verán, maio e xuño traen consigo a cereixa e o albaricoque, que son algunhas das froitas estrela da tempada. En canto ás verduras, o espárrago é un dos grandes produtos desta estación, xunto coa acelga, a cabaciña ou a cenoria, que son alimentos protagonistas nos menús de primavera.

Este é un momento que convida á creatividade na cociña para facer un cambio de despensa, no que os alimentos de tempada se convirtan na principal fonte de nutrientes. Non só conseguiremos esa enerxía tan necesaria para facer fronte á astenia primaveral, senón que contribuiremos a un impacto positivo ambiental mediante o compromiso coa agricultura local.

O impacto positivo dos alimentos de tempada

O ritmo da natureza proporciónanos alimentos máis lixeiros para a primavera e precisamente isto é o que os nosos corpos necesitan. Permitir que os alimentos completen o seu ciclo biolóxico e consumilos no seu punto óptimo de maduración é fundamental para manter unha alimentación variada e saudable ao longo do ano. Á súa vez, logramos unha maior achega de nutrientes, vitaminas, minerais e principios antioxidantes, contribuíndo á produción e ao comercio local. Desta maneira, coidamos da natureza e do medio ambiente, ao respectar os seus ritmos e ao facer un uso responsable dos recursos que nos proporcionan.



O noso compromiso cos alimentos de tempada permítenos traballar para a consecución das metas do ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsable, ODS 13. Acción polo clima e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha