Apostamos polo benestar do noso persoal
20 AGOSTO, 2025
A creación de emprego e o benestar do noso persoal son algúns dos fitos máis importantes para a nosa empresa ao longo dos anos. Na nosa memoria corporativa Gadisa Retail 2024 recollemos o noso compromiso de transparencia na xestión e o impacto positivo económico, ambiental e social que xeramos en 2024.
En Gadis somos locais e apostamos por contribuír á dinamización económica das comunidades onde operamos con diferentes estratexias, unha das principais é a creación de emprego, digno, de calidade e a longo prazo. Ofrecemos unha contorna laboral inclusiva, equitativa e segura, que fomenta o desenvolvemento profesional e persoal das persoas traballadoras. Á súa vez, xeramos relacións de confianza a longo prazo co resto dos nosos grupos de interese, sen ir máis lonxe, cos nosos provedores locais, contribuíndo a que as súas condicións laborais sexan competitivas e favorecendo o produto de proximidade que xera un maior impacto positivo no medio e na economía.
Xeramos emprego
Sentimos un gran orgullo de que o noso persoal teña un crecemento constante o que ratifica que, en Gadisa Retail xeramos emprego de calidade, conseguimos reter talento e apostamos por un desenvolvemento profesional dentro da nosa empresa.
En 2024, sumamos 322 persoas ao noso equipo, o que nos sitúa nun total de 8.880 persoas traballadoras, sumando preto de 700 profesionais nos últimos dous anos. Tamén promocionamos internamente a 776 persoas, porque a retención do talento e as oportunidades de desenvolvemento profesional son imprescindibles para contribuír ao desenvolvemento económico e social da contorna e ao benestar do noso persoal. Comprometémonos co noso persoal a longo prazo, por iso contamos cun 96,4% de contratos indefinidos, o que contribúe a fixar poboación e cohesionar o territorio.
Distribuímos ao noso persoal entre os 475 puntos de venda, 2 centros loxísticos (en Betanzos e Medina del Campo), 2 plataformas de compra e distribución de peixe e 1 centro de redistribución, buscando o perfil profesional que mellor se axuste a cada posición e valorando o talento local.
Apostamos pola formación continua (con máis de 16.000 horas en 2024) como estratexia de crecemento e desenvolvemento profesional impulsando a profesionalización especialmente nas seccións de produto fresco como peixaría, carnicería, frutería e charcutería, e nas nosas oficinas. Ter persoal especializado nas nosas seccións de produto fresco permítenos xerar unha relación de confianza coa nosa clientela.
Acceso ao primeiro emprego
Sabemos que a primeira incursión no mundo laboral é clave para valorar as habilidades de cada persoa e para comezar a enfocar o camiño que nos gustaría seguir. É por iso que nos aliamos con entidades educativas da nosa contorna como a Universidade de Santiago de Compostela, A Coruña ou a Universidade Europea, así como con concellos, asociacións e organizacións, para ofrecer ás persoas mozas unha primeira experiencia laboral enriquecedora, unha oportunidade para que poidan mellorar a súa empregabilidade. Á súa vez, colaboramos con aquelas formacións que son complementarias á nosa actividade empresarial como o FP Dual de Comercio, Comercialización Alimentaria, Administración e Finanzas ou Mecatrónica Industrial, para que o seu alumnado poida ter un achegamento práctico ás súas profesións escollidas nos nosos centros de traballo.
A nosa selección de persoal é activa, por iso tamén participamos nas feiras de emprego e captación de talento que se celebran en Galicia, organizadas por entidades como a Cámara de Comercio da Coruña, Ferrol e Carballo; a Feira de Emprego da Universidade da Coruña e Festalent, en Ferrol.
En 2024 tivemos un total de 402 persoas estudantes en formación das cales 269 foi alumnado en prácticas e 133 estudantado en formación ocupacional. Destes, incorporamos ao noso cadro de persoal a 74 persoas, o que representa un 56% de porcentaxe de contratación.
Benestar laboral e desenvolvemento profesional en Gadis
O benestar laboral do noso persoal é unha prioridade, por iso traballamos cun Código Ético e cunha Estratexia de Responsabilidade Social Corporativa, ferramentas que xunto ao noso Plan de Prevención de Riscos Laborais e Igualdade, nos axudan a salvagardar o benestar do noso persoal e a construír unha contorna laboral inclusiva e igualitaria.
Entre outras, apostamos pola conciliación entre a vida familiar e profesional, ofrecendo horarios adaptados ás persoas que o necesiten, en 2024 foron 594 profesionais. Á súa vez, comprometémonos co desenvolvemento profesional e a capacitación, por iso impartimos máis de 16.000 horas de formación ao noso persoal.
O impacto positivo de contribuír ao benestar do noso persoal
Desde Gadis parécenos imprescindible contribuír á nosa comunidade xerando emprego de calidade. En 2024 xeramos 322 novos postos de traballo e promocionamos internamente a 776 persoas. Apostamos por unhas condicións laborais de calidade e a longo prazo, por iso o 96,4% dos nosos contratos son indefinidos. Formamos ao noso persoal para impulsar o seu desenvolvemento profesional con máis de 16.000 horas de formación en 2024. Estas cifras aumentan cada ano, permitíndonos alcanzar un impacto positivo na dinamización económica do noso territorio máis próximo e contribuíndo ao benestar do noso persoal.
(8)1755786146694.png)
O noso Código Ético, Estratexia de Responsabilidade Social Corporativa e o noso Plan de Prevención de Riscos Laborais e Igualdade son ferramentas imprescindibles para construír un ambiente laboral inclusivo e igualitario. Estes protocolos xunto ás medidas anteriormente mencionadas permítennos xerar oportunidades de traballo dignas, que favorecen o desenvolvemento profesional e contribúen ao benestar dos nosos profesionais, coas que contribuímos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 10. Redución de desigualdades e o ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra