Apoiamos o benestar animal. Alianzas coas entidades da contorna.
30 XULLO, 2025
O próximo 8 de agosto celébrase o Día Internacional do Gato, unha data establecida en 2002 polo Fondo Internacional para o Benestar Animal (IFAW), xunto con outras organizacións dedicadas á protección animal. Esta data xorde coa intención de homenaxear aos felinos, concienciar sobre a importancia de protexelos e coidalos, así como de visibilizar actitudes de respecto, hábitos de tenencia responsable e oportunidades de adopción ou acollida para todos aqueles que necesitan un fogar.
-min1753950300001.jpg)
O amor polos felinos está tan estendido que existen tres datas dedicadas a eles. Ademais do 8 de agosto, tamén se celebra o Día Internacional do Gato o 20 de febreiro e o 29 de outubro. A primeira data conmemora o falecemento de Socks, o gato que tiña a familia Clinton durante a súa estancia na Casa Branca; a segunda foi acuñada pola experta en coidado e protección animal estadounidense Colleen Paige.
Segundo o IFAW, actualmente hai aproximadamente 600 millóns de gatos en todo o mundo, dos cales 220 millóns viven en fogares e 480 millóns en liberdade. Estas cifras evidencian a necesidade de salvagardar o benestar animal e apoiar a todas aquelas organizacións que, coa súa xenerosidade e compromiso, implícanse con todos aqueles animais que se atopan en situación de vulnerabilidade, facilitándolles unhas mellores condicións de vida.
Como nos comprometemos en Gadis co benestar animal?
En Gadis materializamos a nosa responsabilidade co benestar animal a través de alianzas con entidades da contorna. Impulsamos diferentes campañas de sensibilización e doazón de alimentos e produtos de hixiene animal para facilitar o día a día de protectoras, refuxios ou asociacións que traballan para mellorar a calidade de vida dos animais, especialmente aqueles que sufriron procesos de maltrato ou abandono.
1753949294128.jpg)
A nosa gran aposta de colaboración con estas organizacións sucede a través de Alimenta a Amizade, unha campaña de doazón de produtos de alimentación e hixiene para cans e gatos destinada a entidades de protección animal, que proporcionan coidados a animais sen fogar e a colonias felinas. Nesta campaña, somos moitos os axentes que traballamos de forma colectiva para que poida saír adiante:
- O persoal voluntario das protectoras, que está presente nos supermercados durante as datas de celebración da campaña para fomentar as doazóns e concienciar sobre a tenencia responsable e as necesidades específicas das súas organizacións.
- A clientela de Gadis que se suma á causa mediante doazóns en especie, contribuíndo con penso, comida húmida ou produtos de hixiene, ou colaborando con doazóns económicas en caixa.
- Gadis, que, ademais de impulsar e xestionar a campaña Alimenta a Amizade, realiza unha achega económica que se reparte ao final da experiencia entre as entidades participantes.
Alimenta a Amizade celébrase durante a primeira quincena de outubro e, este 2025, cumpre 7 anos. Ao longo deste tempo, chegou a multitude de entidades de Galicia e Castela e León, e repartiu unha suma importante de produtos e achegas económicas. Na última edición, participaron máis de 70 entidades e repartíronse 80.727 quilos de produtos e 20.848 € en colaboracións económicas, dos cales 16.929 € formaban parte da achega de Gadis.
-min1753949626094.jpg)
Por outra banda, tamén apostamos por incrementar a nosa oferta de produtos co selo Welfair. Cabe destacar que o 80% dos ovos que comercializamos proceden de galiñas criadas libres de gaiolas e apoiamos a modernización das instalacións avícolas das empresas produtoras para mellorar o benestar dos seus animais.
O impacto positivo de salvagardar o benestar animal
Desde Gadis contribuímos á concienciación sobre os dereitos dos animais e promovemos prácticas éticas e responsables. Para conseguir un mundo no que os animais sexan tratados con respecto e dignidade, aliámonos con entidades expertas da contorna, cuxa finalidade é salvagardar o benestar animal e concienciar sobre o respecto e a tenencia responsable. Somos consciente de que, se queremos un futuro digno para eles, a clave está na colaboración e a unión entre organizacións e as persoas. Poñemos os nosos supermercados e os nosos recursos ao dispor destas entidades para facilitar a súa día a día, xa que sabemos que as dificultades para as organizacións deste tipo son moitas e os seus recursos, limitados.
Desde Gadis contribuímos ao benestar animal porque:
- Os animais son seres vivos dotados de sensibilidade, capaces de sentir emocións e se merecen unha vida digna, tal como se recoñeceu na reforma do Código Civil de 2021.
- Melloran a contorna e a convivencia, promovendo valores como a empatía ou a solidariedade.
- Son clave na protección da biodiversidade. Ao contribuír á conservación e protección dos animais, estamos a traballar tamén no mantemento dos ecosistemas.
(2)1753949736644.png)
Por iso, animamos á nosa clientela a que no Día Internacional do Gato, dedique un momento para pensar de que forma poden colaborar na salvagarda do benestar animal, en particular dos felinos, como un compromiso imprescindible na construción dun futuro digno e sostible para persoas e animais.
As alianzas con entidades vinculadas ao coidado animal permítenos achegarnos a algunhas das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra