Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

Ano internacional da muller agricultora: protagonistas para un futuro sostible

4 MARZO, 2026

Imagen Noticia Ano internacional da muller agricultora: protagonistas para un futuro sostible

A Organización de Nacións Unidas declarou este ano 2026 como o Ano Internacional da Agricultora, coa intención de poñer en valor o papel fundamental que desenvolven as mulleres nos sistemas agroalimentarios de todo o mundo. As agricultoras están presentes en toda a cadea de valor da agricultura, desde a produción e cultivo, ata a transformación, a distribución e o comercio. Ademais, son unha peza clave na seguridade alimentaria, a nutrición, a salvagarda da biodiversidade a nivel global e o coidado do medioambiente.

A agricultura é unha fonte de emprego e ingresos imprescindible para moitas mulleres a nivel global. En 2021, as mulleres representaban o 41% da forza laboral mundial nos sistemas agroalimentarios. Con todo, é frecuente que as súas condicións laborais sexan máis precarias que as dos homes cando falamos de salarios, de estabilidade do emprego (máis irregular e informal), de traballo físico demandante ou de xornadas parciais. Á súa vez, tamén teñen menos representación no acceso e a propiedade das terras. Por tanto, a pesar de que as agricultoras representan un axente imprescindible na produción, distribución e comercio agrícola, continúan invisibilizadas e enfrontándose a unha fenda de xénero no sector. De acordo coa ONU, se se conseguise eliminar a fenda de xénero na produción agrícola, contribuiríase a reducir a inseguridade alimentaria mundial para 45 millóns de persoas.

Segundo o Observatorio sobre o sector agroalimentario español no contexto europeo do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas, en 2024, o sector agroalimentario representou o 8,6 % do PIB e o 11,5 % do emprego en España, sendo unha industria tractora da economía a nivel estatal.

O propósito do Ano Internacional da Agricultora non é só visibilizar a situación destas traballadoras a nivel global, senón que tamén supón unha oportunidade para impulsar reformas nas políticas públicas, avanzar na igualdade de xénero e crear sistemas agroalimentarios máis resilientes.

En Gadis comprometémonos coas agricultoras

O noso modelo de negocio baséase na proximidade, a calidade, o compromiso coas persoas e a contorna. Neste sentido, as agricultoras galegas e castelán leonesas convértense nun axente fundamental para a nosa organización.

Desde haia nos, mantemos colaboracións estables cos nosos provedores e provedoras, entre os que se atopan as agricultoras locais coas que traballamos. Apostamos por relacións baseadas na confianza, no compromiso mutuo e no desenvolvemento compartido. Elas axúdannos a garantir unha variedade de produtos frescos e de proximidade, mentres contribuímos ao impulso da economía dos territorios onde estamos presentes e reforzamos a nosa capacidade de resposta en toda a cadea loxística.


En 2024, contamos con 1.437 provedores e provedoras locais, dos cales 980 foron de alimentación. Desta forma, non só buscamos minimizar o impacto no medioambiente, senón tamén garantir a oferta de produto de tempada, fresco e de calidade, ao tempo que contribuímos a manter o tecido produtivo de Galicia e Castela e León.

Co propósito de visibilizar o traballo das mulleres agricultoras, especialmente daquelas que ocupan postos de liderado en empresas ou proxectos nos territorios nos que operamos, cada ano impulsamos o Foro Mulleres Rurais. Trátase dunha xornada que pretende poñer o foco no papel de mulleres profesionais de diferentes sectores produtivos, coñecer os seus retos e compartir vivencias. De forma complementaria, elabórase unha campaña audiovisual para darlles voz e coñecer, nas súas propias palabras, o que implica ser muller agricultora. Os vídeos das diferentes edicións están dispoñibles na nosa canle de Youtube.



Tamén é importante resaltar o traballo imprescindible que realizan estas mulleres para loitar contra o cambio climático, xa que coidan da terra e do medio ambiente, e implementan estratexias de produción sostible, favorecendo a biodiversidade, a resiliencia climática e o bo estado dos solos. Así mesmo, realizan unha xestión eficiente e consciente de recursos e materias primas, mentres xeran riqueza para as contornas rurais e contribúen ao desenvolvemento comunitario en territorios non urbanos.

O impacto positivo das mulleres agricultoras

Galicia e Castela e León son territorios nos que a agricultura é un sector clave tanto para a produción como para o emprego. Á súa vez, a calidade do produto de ambos os territorios e a posibilidade de que chegue fresco aos nosos supermercados é fundamental para poder contar cunha oferta que satisfaga as necesidades da nosa clientela. Son moitas as mulleres agricultoras que traballan en ambas as comunidades autónomas como provedoras para supermercados Gadis, e esta parécenos unha gran oportunidade para agradecer e visibilizar o seu traballo.



Entre outros motivos, en Gadis traballamos con mulleres agricultoras locais porque son un colectivo esencial para combater o reto demográfico, fortalecendo os sistemas agroalimentarios e o desenvolvemento rural, o que contribúe a crear comunidades sostibles e resilientes. Deste xeito, achegámonos ás metas dos ODS 5. Igualdade de xénero, ODS 8. Traballo decente e crecemento económico, ODS 9. Industria, innovación e infraestrutura, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles, ODS 12. Produción e consumo responsables e ODS 13. Acción polo clima.


OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha