Alimentación saudable accesible
8 OUTUBRO, 2025
Como empresa de distribución alimentaria, parécenos imprescindible fomentar unha alimentación saudable, accesible para todas as persoas e que coide do planeta. Por iso, nos nosos supermercados, priorizamos a calidade, a variedade, os produtos frescos, locais e de tempada. De igual maneira, promovemos a sostibilidade de xeito transversal ao longo da cadea de valor, fomentando un estilo de vida saudable e buscando un impacto positivo nas persoas e tamén no medio ambiente. Con este propósito, poñemos en marcha diferentes accións para apoiar ás comunidades locais e contribuír ao desenvolvemento da nosa contorna.
1760001405101.jpg)
Proximidade, calidade e variedade en Gadis
A variedade nos nosos produtos é o que nos permite chegar a unha comunidade ampla. Somos unha distribuidora de alimentación cunha gran selección de marcas, e contamos tamén con produtos de elaboración propia. Tanto nos nosos lineais como nas seccións de produto fresco, ofrecemos produtos que se adaptan ás necesidades da nosa clientela: alimentos sen glute, sen lactosa, así como unha extensa selección de produtos ecolóxicos e a granel.
En 2024, colaboramos cun total de 2.417 provedores locais, dos cales 980 foron de alimentación. Coa produción local, non só aforramos gastos de transporte e evitamos o impacto ambiental que implican os grandes desprazamentos, senón que tamén favorecemos o consumo de produtos de tempada. Así, pasan da horta aos fogares nun tempo reducido, garantindo a súa frescura. Son alimentos saudables, cunha importante achega de nutrientes, mellor sabor, maior calidade e un prezo económico. Estes alimentos varían ao longo do ano, facilitando una unha dieta variada e completa durante as diferentes estacións.
Accións que garanten unha alimentación saudable e accesible
Máis aló da nosa misión e valores, que aplicamos de xeito transversal a todas as áreas de negocio, en Gadis implementamos accións concretas que facilitan que a nosa clientela poida incorporar hábitos de vida saudable, buscando que sexa accesible para todas as persoas:
- Programa educativo Alimentes: é a aposta educativa de Gadis para fomentar hábitos de consumo responsable e unha alimentación saudable entre as comunidades educativas de Galicia e Castela León. O proxecto combina a aprendizaxe interactiva a través dunha plataforma dixital con 14 unidades didácticas que inclúen contidos vinculados á sostibilidade, á alimentación saudable, ao consumo responsable e á cadea de alimentos. Ademais, o alumnado pode realizar visitas guiadas a supermercados Gadis. O curso pasado participaron no programa 26.433 alumnas e alumnos, e un total de 537 centros educativos.
- Descontos en alimentos próximos á súa data de caducidade: Gadis conta cunha sección na que se atopan produtos cuxa data de caducidade ou de consumo preferente está próxima e que acumulan rebaixas no seu prezo orixinal para evitar o desperdicio alimentario.
- Descontos co carné familiar: temos un programa para familias numerosas con descontos específicos para todas aquelas familias que se identifiquen co carné.
- Sección de descontos en nosa app Gadis+: para todas as persoas rexistradas na app Gadis+ existe un apartado de cupóns, no que cada semana se poden atopar ofertas ou rebaixas en determinados produtos.
- Campañas de doazón de alimentos e proxectos solidarios de colaboración con entidades sociais: activamos e colaboramos con diferentes campañas de doazón de alimentos para contribuír a que todas as persoas teñan acceso a unha alimentación saudable. Campañas solidarias como “Mayo solidario”, “A compra da túa vida” en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), “A gran recollida” a favor de FESBAL ou colaboracións como a que temos con UNICEF, grazas á cal enviamos máis de 4.000 kits de supervivencia para nenas e nenos que están a vivir en crises humanitarias en todo o mundo, son algúns exemplos dos esforzos que facemos desde Gadis para tentar que todas as persoas teñan acceso a unha alimentación saudable e digna a diario.
O impacto positivo dunha alimentación saudable e accesible
Priorizamos a produción de proximidade porque así garantimos unha alimentación saudable, responsable, respectuosa co medio ambiente e accesible. Apostamos pola variedade como resposta ás necesidades da nosa clientela.
Desde artículos de marcas cunha gran reputación ata alimentación de nosa propia marca IFA Eliges, pasando por produtos frescos de orixe local, nos nosos supermercados pódese atopar unha ampla selección de produtos para conseguir unha alimentación saudable e ao alcance de todas as persoas.
Garantir que as nosas comunidades locais poden acceder a unha alimentación saudable, con produto de proximidade e de gran calidade, permítenos ter un impacto positivo directo na saúde e as vidas das persoas.
(12)1760001493565.png)
Con este compromiso achegámonos ás metas dos ODS 2. Fame cero, ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades e o ODS 12. Produción e consumo responsable.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra