A voz da nosa clientela
12 FEBREIRO, 2025
En Gadis sabemos da importancia de xerar unha conexión sólida coa nosa clientela. Traballamos para satisfacer as súas expectativas e manter a súa confianza. Para iso, necesitamos comprender as súas necesidades e darlles resposta. Neste sentido, escoitar a voz da nosa clientela é clave e, por iso, desenvolvemos distintas vías de comunicación para ofrecer unha experiencia próxima, multicanle e personalizada.

Como escoitamos a voz da nosa clientela?
Entendemos a comunicación coa nosa clientela como un intercambio dinámico. O noso obxectivo é establecer un diálogo que nos axude a satisfacer as necesidades e expectativas de cada persoa. Este proceso pódese levar a cabo a través de diferentes vías:
- Canles dixitais (páxina web, correo electrónico e redes sociais).
- Por teléfono, a través do servizo de atención ao cliente.
- En persoa, en calquera dos nosos establecementos ou nos eventos que celebramos.
Establecemos varias canles de comunicación adaptadas a cada perfil, o que nos permite atender a toda a nosa clientela e comprender tanto as súas necesidades como posibles incidencias que se poidan producir durante a compra, ademais de detectar tendencias emerxentes. Isto facilítanos axustar a nosa oferta aos seus requirimentos. Así mesmo, desenvolvemos accións de asesoramento, apoio social ou formación, que nos permiten seguir crecendo xunto ás persoas da nosa contorna.

As nosas plataformas dixitais son moito máis que un medio de comunicación; son unha ponte que nos conecta directamente coa nosa clientela e a comunidade. A través da nosa web e redes sociais, ofrecemos información valiosa, escoitamos aos nosos consumidores e consumidoras, e fomentamos unha relación próxima e transparente.
Entre as canles que utilizamos para a comunicación coa nosa clientela, atópanse:
- A web corporativa de Gadis. Proporciona contido especializado e relevante, garantindo que a información sexa accesible e útil. Ademais contamos coa web Gadisline.
- Redes sociais: Facebook, X, canal de YouTube, Instagram, TikTok e Spotify. Son unha ferramenta clave para interactuar coa nosa clientela en tempo real. A través delas, compartimos noticias, eventos, consellos prácticos e campañas de sustentabilidade.

Tamén utilizamos estas plataformas para recibir feedback directo e manter unha comunicación aberta e bidireccional cos nosos seguidores e seguidoras.
- Correo electrónico.
- Os puntos de contacto nas nosas tendas.
- As notas de prensa que publicamos. Ofrecen información sobre a apertura de novos establecementos, os eventos e campañas que organizamos, o lanzamento dalgún produto ou servizo etc.
- As campañas de comunicación de Gadis. Axúdannos a conectar de maneira máis directa coa nosa clientela.
Ademais, reforzamos a comunicación a través de anuncios, promocións, a APP GADIS +, a nosa Newsletter, a nosa canle de WhatsApp e o panel de clientes.

A comunicación dixital coa nosa clientela
A proximidade e accesibilidade son principios esenciais do noso modelo de negocio. Neste sentido, as canles dixitais desempeñan un papel fundamental ao optimizar a comunicación coa nosa clientela, o que nos permite crear vínculos e promover un diálogo continuo. A nosa páxina web, as nosas redes sociais e a APP GADIS+ ofrecen un espazo no que os usuarios e usuarias poden acceder a información útil, obter consellos sobre hábitos de vida saudables, explorar contido local e descubrir ofertas e promocións.
Estas plataformas permítennos construír unha comunidade de usuarios e usuarias e chegar a diferentes segmentos da poboación. Na actualidade, contamos con máis de 330.000 seguidores e seguidoras nas nosas redes sociais:
- Facebook: 193.000 persoas.
- X: 49.000 persoas.
- YouTube: 16.400 persoas.
- Instagram: 64.800 persoas.
- TikTok: 11.400 persoas.

No que respecta á APP GADIS+, realizáronse máis de 100.000 descargas en Android e é a app número 56 en Estilo de vida de IOS.
O impacto positivo de escoitar a voz da nosa clientela
Escoitar a voz da nosa clientela ten un impacto positivo na conexión que establecemos. Esta comunicación coa nosa clientela contribúe a consolidar a súa confianza no noso proxecto, ademais de forxar unha imaxe positiva da empresa. Á marxe de proporcionar información sobre os nosos produtos e promocións, a nosa estratexia comunicativa enfócase en proporcionar contido de valor relacionado coa contorna e a vida saudable. Por unha banda, buscamos impulsar o desenvolvemento económico e social do territorio, e por outro, promover hábitos de vida e alimentación saudables tanto para as persoas como para o planeta.
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra