A relación de Gadis coas ONG da súa contorna
19 FEBREIRO, 2025
O próximo 27 de febreiro celébrase o Día Mundial das ONG co obxectivo de recoñecer o labor das organizacións non gobernamentais no desenvolvemento social e na creación de capital social para comunidades sostibles en todo o mundo. Un dos piares fundamentais do noso modelo de negocio e da nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa é o noso compromiso co benestar social. Para materializar ese compromiso, traballamos da man das ONG da nosa contorna, que constitúen unha parte activa do desenvolvemento da comunidade, para poñer en marcha diversas iniciativas que repercutan positivamente na sociedade. Neste sentido, apostamos polo establecemento de alianzas estables e duradeiras para poder dar continuidade ás propostas. Cada ano, realizamos máis de dous mil accións de apoio á comunidade.

Iniciativas solidarias de Gadis
En Gadis, colaboramos con ONG e asociacións de ámbito local, nacional e internacional, contribuíndo ao desenvolvemento de diversos proxectos dirixidos a colectivos vulnerables ou con necesidades especiais, pero tamén xerando espazos de aprendizaxe e visibilizando o seu traballo. Entre as iniciativas solidarias que levamos a cabo, podemos destacar as seguintes:
- Foro Gadis coas ONG. Este encontro, que celebremos a súa quinta edición este ano, reúne a representantes das organizacións do Terceiro Sector da nosa contorna nun formato mixto (presencial e en liña) para impulsar a colaboración das empresas co tecido asociativo e poñer en valor o impacto positivo que xeran na súa contorna. Esta reunión participativa proporciona unha plataforma para escoitar as necesidades e inquietudes das ONG coas que colaboramos.

- A compra da túa vida. A campaña organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, con motivo do Día Mundial contra o Cancro, ten como obxectivo recadar fondos para financiar servizos de apoio para pacientes e as súas familias e fomentar a investigación sobre esta enfermidade.
- Colaboración con UNICEF. Grazas a esta alianza, desde hai máis de 30 anos, mantemos o noso compromiso coa infancia, enviando kits de supervivencia, dose de vacinas e pastillas potabilizadoras de auga.

Pola natureza da nosa actividade, sentímonos comprometidos coa loita contra a fame. A través de diversas accións solidarias, esforzámonos en proporcionar apoio alimentario a quen máis o necesitan:
- Campaña Maio solidario. Este ano celebraremos a décimo terceira edición da nosa emblemática iniciativa de recolección de alimentos e recadación de fondos, xestionada polos once bancos de alimentos de Galicia e Castela León cos que colaboramos de maneira habitual.

- Colaboración coa Cociña Económica para apoiar o seu labor de proporcionar comidas diarias a persoas desfavorecidas, ademais doutros servizos de apoio e asistencia.
- Campaña A gran recollida. Unímonos á campaña anual de recollida de alimentos da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) para entregar alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene aos once Bancos de Alimentos cos que colaboramos habitualmente: Ourense, Vigo, Lugo, Rías Altas (A Coruña, Santiago e Ferrol), León, Palencia, Zamora, Ponferrada, Ávila, Salamanca e Valladolid. Tamén recadamos doazóns económicas da nosa clientela.
- Campaña Alimenta a Amizade. Cada 4 de outubro conmemoramos o Día Mundial dos Animais coa posta en marcha desta iniciativa solidaria para recoller doazóns de produtos de alimentación e hixiene para cans e gatos sen fogar que están a cargo das máis de 70 organizacións da nosa contorna que participan na campaña.

O impacto positivo da relación de Gadis coas ONG da súa contorna
En Gadis sempre mantivemos un compromiso firme coas causas sociais, que se evidencia no apoio que, desde fai máis de tres décadas, prestamos a diferentes organizacións e na posta en marcha de todos os nosos proxectos responsables. O impacto positivo da nosa relación coas ONG da nosa contorna reflíctese en distintos ámbitos, desde a xeración de alianzas entre os distintos axentes da comunidade ata as accións concretas que permiten paliar a situación de vulnerabilidade de determinados colectivos e reducir as desigualdades.
Estas colaboracións permítennos axuntar esforzos para avanzar cara á consecución de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS 1, ODS 2, ODS 3, ODS 4, ODS 10, ODS 11 e ODS 17) e traballar para lograr unha comunidade máis inclusiva e sostible.

OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra