Estás a ver Gadis para

Icono Flecha Marrón Dirección IzquierdaVolver ás iniciativas

A compra da túa vida, un compromiso compartido

5 FEBREIRO, 2026

Imagen Noticia A compra da túa vida, un compromiso compartido

Por sexto ano consecutivo, mantemos o noso compromiso coa Asociación Española Contra o Cancro e este mes de febreiro volvemos formar parte da campaña “A compra da túa vida”. Trátase dunha iniciativa solidaria que, coincidindo coa celebración do Día Mundial Contra o Cancro, anima á sociedade civil a realizar doazóns que apoien:

  • A atención gratuíta, integral e personalizada a pacientes e familiares (incluíndo atención psicolóxica, orientación social, atención xurídico laboral. asesoramento médico sanitario, servizo de apoio e acompañamento e servizo de atención telefónica).
  • Estar máis preto de alcanzar o 70% de supervivencia ao cancro en 2030.
  • A promoción da saúde, garantindo a igualdade de oportunidades fronte ao cancro, con programas e iniciativas de información, sensibilización e o fomento de hábitos de vida saudables.
  • O impulso da investigación, co respaldo á maior rede de investigación en España e achegando resultados a persoas e familias.

Se queres participar nesta campaña, entre o 6 e o 12 de febreiro poderás realizar unha achega económica ao pasar por caixa no teu Gadis de confianza. É moi sinxelo, xa que só tes que engadir unha doazón ao teu ticket de compra. Desta maneira, contribuirás a mellorar a calidade de vida de miles de pacientes e a que multitude de familias poidan convivir con esta enfermidade desde un lugar consciente e informado.

A solidariedade, piar fundamental na nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa

En Gadis, sabemos que xeramos un impacto directo nas comunidades nas que operamos. É por iso que, a través do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, buscamos colaborar con iniciativas de entidades, organizacións do terceiro sector e sociedade civil, en proxectos que se aliñan coa nosa misión.

A solidariedade é unha peza clave no noso compromiso e nas colaboracións que mantemos con distintos axentes. Promovemos a cooperación, a xenerosidade e a responsabilidade compartida porque, ao longo dos anos, constatamos os valores compartidos coa nosa clientela e somos conscientes de que, grazas a ela, podemos avanzar cara a un mundo máis inclusivo, sostible e resiliente.

“A compra da túa vida” en Gadis

A campaña “A compra da túa vida” de 2025 foi especialmente inspiradora, xa que superamos nun 135% a recadación do ano anterior, cunha achega económica de 34.149 € por parte da nosa clientela en 222 supermercados Gadis de Galicia e Castela e León. En total, nas cinco edicións que acollemos a campaña, doamos preto de 80.000 € para a Asociación Española Contra o Cancro.

Nesta edición 2026 volvemos animar á nosa clientela para manter ese compromiso a través das doazóns que poden realizar en calquera dos supermercados Gadis de Galicia e Castela e León entre o 6 e o 12 de febreiro. Para participar, só tes que indicalo no momento en que esteas a abonar a túa compra. O persoal de caixa preguntarache a cantidade que desexas doar, entre un mínimo dun euro e un máximo de 99 euros. Unha vez terminada a campaña, entregaremos a cantidade doada á AECC para que poida cumprir cos seus obxectivos e continuar co labor que realizan con pacientes e familiares.

O impacto positivo de “A compra da túa vida”

Os nosos supermercados xeran un punto de encontro clave para a clientela e entidades do terceiro sector. Na nosa estratexia de RSC, apostamos por ir máis aló da distribución alimentaria, asumindo un rol activo no seo das comunidades onde operamos e ofrecendo un espazo de visibilidade para certas iniciativas solidarias que achegan un inmenso valor á nosa sociedade.

Unha vez máis, sumámonos a “A compra da túa vida” da AECC para contribuír desde os nosos supermercados á loita contra o cancro, a fomentar a investigación e garantir que pacientes e familiares poidan alcanzar unha vida digna e plena. Formar parte desta campaña permítenos traballar de forma conxunta coa nosa clientela e sumar esforzos para achegar a unha causa global que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Grazas ao compromiso das persoas, buscamos superar cada ano a barreira dos 30.000 € de doazóns, para poeder garantir unha achega notable a esta iniciativa solidaria imprescindible.

A nosa participación nesta iniciativa solidaria permítenos achegarnos á consecución das metas dos ODS 3. Saúde e benestar, ODS 10. Redución das desigualdades, ODS 11. Cidades e comunidades sostibles e ODS 17. Alianzas para lograr obxectivos.

OUTRAS INICIATIVAS

Imagen Noticia Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...

Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Muller rural: tradición, calidade e innovación

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...

Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha
Imagen Noticia Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Un ano máis, Alimenta a Amizade!

Máis informaciónIcono Flecha Marrón Dirección Derecha