A compra da túa vida. O noso compromiso en accións.
2 FEBREIRO, 2025
En Gadis buscamos utilizar a nosa influencia sobre a sociedade para ir máis aló do desempeño financeiro e fomentar o desenvolvemento social e o coidado da nosa contorna. Perseguindo este obxectivo, entre os principios do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), atópase o impacto social positivo. Así, traballamos xunto ás comunidades locais para impulsar diversas actividades e establecemos compromisos con institucións, entidades sociais, ONG e colectivos desfavorecidos para construír unha sociedade mellor. Isto materialízase en gran parte das máis de 2.300 actuacións anuais nas que participamos. Como recoñecemento a estes esforzos, Gadis entrou a formar parte do top 10 nacional de cadeas de supermercados e hipermercados da clasificación Merco Responsabilidade ESG no ano 2023, sendo a única empresa galega do sector que figuraba na listaxe.

A solidariedade é un dos piares do noso programa de RSC e impregna as iniciativas que emprendemos para ser parte activa da comunidade na mellora do benestar social. Entre as colaboracións establecidas, cabe destacar a campaña “A compra da túa vida” á que nos sumamos fai catro anos para apoiar a Asociación Española Contra o Cancro e na que a nosa clientela desempeña unha parte fundamental.
A compra da túa vida en Gadis
Coincidindo coa celebración do Día Mundial contra o Cancro que se celebra o 4 de febreiro, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) desenvolve a campaña “A compra da túa vida”. Esta iniciativa está dirixida a recadar fondos para financiar servizos de apoio aos pacientes e ás súas familias e fomentar a investigación sobre esta enfermidade para mellorar a calidade de vida das persoas con cancro. As doazóns destínanse a traballar na consecución dos seguintes obxectivos:
- Alcanzar o 70% de supervivencia de esta enfermidade no ano 2030.
- Estar máis preto das casi 300.000 persoas diagnosticadas cada ano con cancro.
- Lograr que ningunha persoa diagnosticada coa enfermidade se senta soa, desatendida ou desinformada.
- Reducir a pobreza que sofre o 25% da poboación activa que ten cancro.
- Seguir financiando proxectos de investigación contra o cancro.
- Conseguir que os resultados da investigación cheguen a todas as persoas con cancro.
Este ano, a campaña celebrarase entre o 7 e o 16 de febreiro e o seu funcionamento é moi sinxelo. A clientela de todos os nosos Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León pode realizar unha doazón aumentando o prezo do teu ticket de compra ao pasar por caixa. Esa achega económica pode ser desde un euro ata un máximo de 99 euros. No caso de que algunha persoa queira aumentar a cantidade, será remitida directamente á asociación.
Esta campaña parte do recoñecemento da situación de inequidad na que poden atoparse as distintas persoas que padecen cancro. Con accións como 'A compra da túa vida', a AECC pretende contribuír á redución das desigualdades que existen á hora de previr o cancro, enfrontarse á enfermidade ou acceder aos resultados de investigación.
O impacto positivo de A compra da túa vida e outras actuacións
Entendemos o compromiso de Gadis con institucións, entidades sociais, ONG e colectivos desfavorecidos como un modo de construír unha sociedade mellor. Por iso, traballamos para manter un diálogo constante e relacións transparentes baseadas na colaboración a longo prazo con este tipo de organizacións. Neste sentido, leste é o cuarto ano consecutivo no que formamos parte da campaña “A compra da túa vida”. Unha iniciativa na que sempre contamos coa implicación e solidariedade da nosa clientela, á que agradecemos a súa xenerosidade. Nas tres edicións anteriores, as achegas económicas superaron os 30.000 euros.

Esta iniciativa supón un esforzo máis para a consecución de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como o ODS 1. Fin da pobreza, o ODS 2. Fame cero, o ODS 3. Saúde e benestar e o ODS 10. Redución das desigualdades.
Ademais do noso compromiso coa AECC, tamén colaboramos con outras entidades que centran os seus esforzos na loita contra esta enfermidade, como Cancer Research Innovation Spain (CRIS) ou a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
OUTRAS INICIATIVAS
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado...
Km 0. Como identificar produtos locais no supermercado.
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Muller rural: tradición, calidade e innovación
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao car...
Alimentación saudable para a familia: da teoría ao carro da compra