Receita de salsa de iogur para unha ensalada perfecta

Fecha: Xaneiro 23, 2020

Estás aburrido dos clásicos aliños de sal, aceite e vinagre para a ensalada? Queres darlle un toque único a esa cea lixeira como o que conseguen no teu bar preferido? Para iso, podes probar con esta receita de salsa de iogur para ensaladas que che recomendamos hoxe. Moi rica, sinxela de elaborar e que mesmo fará que os máis reticentes desfruten dun prato cheo de vitaminas e nutrientes necesarios.

O incrible desta salsa que che propoñemos hoxe é que ten máis usos que o da ensalada. De feito, queda fantástica tamén con carnes á prancha ou á grella. E non é moi calórica, así que o teu prato de ensalada seguirá sendo lixeiro e sa, só que con moito máis sabor. Encantaralles até ós máis peques da casa!

salsa de yogur

Salsa de iogur para ensaladas

A elaboración desta receita é realmente sinxela. O máis importante é asegurarte de elixir ben os alimentos que pos nela e a calidade dos mesmos. Para garantir a máxima, non dubides en facer a túa compra en Gadis.

Así, os ingredientes para esta salsa de iogur para ensaladas son:

  • 2 culleradas de zume de limón fresco.
  • 1 cullerada de vinagre de viño branco.
  • 1 ou 2 culleres pequenas de azucre.
  • 1 culler pequena de allo picado, aproximadamente 2 dentes.
  • ½ cunca de iogur grego natural con leite enteiro.
  • 1/3 de cunca de aceite de oliva virxe extra.
  • ½ culler pequena de sal.
  • ¼ de culler pequena de pementa negra recen moída.
  • ½ culler pequena de aneto seco.

Xuntando esas cantidades, formas máis ou menos unha cunca de aderezo, que debería ser suficiente para unhas 4 ensaladas de tamaño medio.

En canto a elaboración, consiste simplemente en engadir todos os ingredientes ó mesmo recipiente e remover ben até que se mesturen por completo. Esta salsa de iogur para ensaladas podela gardar na neveira e mantense en perfecto estado durante 3 ou 4 días.