Reciclar en familia

Non descubrimos nada novo ao afirmar que a sociedade actual é unha gran xeradora de residuos. Isto é debido ao modelo de sociedade de consumo no cal vivimos. Extraemos da natureza unha serie de recursos, que se transforman en bens e servizos e refúganse en forma de residuos. E así, aos poucos, cada ano imos sobrecargando ao planeta. Sabías que o 1 de agosto de 2018 foi o día no que sobre pasamos os límites do planeta? Son moitas as medidas que podemos facer para contribuír desde a nosa esfera familiar a coidar o planeta. En concreto, no ámbito dos residuos, temos moito campo de mellora. Hoxe ímosche a dar unha serie de ideas para desenvolver entre todas as persoas da túa familia. Alá imos!

Que é a reciclaxe?

Fai xa moito tempo que temos claro o concepto das 3 Rs: Reducir, Reutilizar e Reciclar. As novas tendencias en materia de economía circular, fálanos de 7R: Repensar, Redeseñar, Reutilizar, Reparar,  Reacondicionar, Reciclar e Recuperar. En ambas, a reciclaxe é unha parte importante. Pero, en realidade, sabemos o que significa? A normativa dinos que a reciclaxe é toda operación de valorización mediante a cal os materiais de residuos son transformados de novo en produtos, materiais ou substancias, tanto se é coa finalidade orixinal como con calquera outra finalidade.

Para poder ter unha boa reciclaxe de produtos é imprescindible realizar unha boa separación selectiva en orixe. Grazas a ese pequeno xesto que facemos en casa, conseguimos que os produtos se reciclen e teñan unha segunda vida. Sabías que con 8 latas de conserva pódese facer unha pota de cociña? Ou que con 40 botellas de PET pódese fabricar un forro polar?

Fonte: ECOEMBES

Cada residuo no seu lugar

Os sistemas de xestión de residuos de cada unha das cidades poden ser diferentes, pero na maior parte de Galicia e Castela e León distínguense por ter nas súas rúas:

• CONTEDOR AMARELO: calquera envase de carácter doméstico ou alimentario de plásticos (botellas de bebidas, botes de aseo persoal, bolsas…), metal (latas de bebidas, conservas…) e tipo  brick (leite, zume…).

• CONTEDOR AZUL: material de papel e cartón: folios, xornais, revistas, caixas…

• IGLÚ VERDE: envases de vidro de botellas, botes, tarros e frascos.

• CONTEDOR VERDE ESCURO: materia orgánica e restos de residuos que non poden ser depositados noutros contedores.

• CONTEDOR VERMELLO: calquera pila ou batería de uso doméstico.

• CONTEDOR ROUPA: dotados por entidades benéficas ou concellos.

• CONTEDOR SIGRE: presentes nas farmacias, son contedores onde depositar envases de medicamentos, medicamentos que non se van a usar ou medicamentos caducados.

Ademais, nas cidades existen puntos limpos onde poder depositar outro tipo de residuos: aparellos eléctricos e electrónicos, mobles, restos de pinturas… etc.

Ideas para reciclar na casa

1. Constrúe cos teus fillos e fillas un sistema de separación selectiva. En moitos fogares, as cociñas xa traen os contedores de separación selectiva integrados. Normalmente, tres e non son suficientes. Aproveita o enxeño colectivo para construír unha infraestrutura que che sexa útil. Podedes decorala por fóra con elementos que se poden botar no contedor,  rotulalos de forma especial…

2. Realiza manualidades recicladas de diferentes materiais. Xogando aprenden o verdadeiro sentido da reciclaxe: construír novas cousas. Podes motivalos de forma especial se coincide con algunha data especial. Por exemplo, está próximo o Día do Pai, que mellor idea que felicitar a papá cun agasallo reciclado.

3. Descubre conxuntamente novas realidades. Podedes ver conxuntamente algún documental ou película onde se aborde a problemática dos residuos. Por exemplo, “Un océano de plástico” ou a película Antes que sexa tarde, protagonizada por Leonardo  DiCaprio. Tamén hai unha chea de libros para todas as idades. Os personaxes Os Bolechas ensínanche como reciclar.

4. Participa en actividades da túa comunidade. Asiste e participa a actividades vinculadas co medio ambiente que organizan nas cidades grupos ecoloxistas, centros cívicos, socioculturais… Poderás coñecer a máis persoas con intereses parecidos aos vosos.

Gustáronche as nosas ideas? Esperamos que si! Vémonos para a semana de novo no blogue.

Deja un comentario