RECEITAS DO NADAL DO MUNDO

O Nadal xa está ao virar a esquina! E nesta entrada queremos explorar que se come noutros lugares do mundo. Xa sabemos o ben que comemos polo noroeste peninsular, pero imos ver se nos inspiramos con tradicións doutros países.

O Nadal no mundo

O nadal é unha das celebracións máis importantes do cristianismo. O 25 de decembro é a data sinalada que celebran as Igrexas católicas, anglicanas, a maioría das ortodoxas e varias comunidades protestantes. Outras relixións teñen festividades similares, pero en diferentes datas.
O certo é que cada vez o mundo faise máis pequeno. Seguramente alguén da nosa familia foise a traballar ou estudar fóra. É posible que teñamos a persoas doutros países e culturas na nosa familia. Por que non aproveitar e facer unha pequena chiscadela cociñando algo doutras tradicións? Unha forma de viaxar sen saír de casa ?

Glögi (Finlandia)

Un dos maiores encantos do Nadal son os seus mercados populares. Por toda Europa podemos atopar cidades repletas de casetas con luces, agasallos, doces, panxoliñas… unha experiencia moi recomendable para as persoas que adoran o Nadal. Nos mercados a bebida estrela son os  ponches de Nadal. Hai múltiples versións en función do país de orixe. Nós quixemos achegarnos á versión finlandesa que podes atopar en Rovaniemi (Finlandia), cruzando o Círculo Polar Ártico e entrando no pobo de Papá Noel.

Dende o Consello de Promoción de Finlandia propóñennos esta receita.
Ingredientes:
• 1 litro zume de arandos.
• 0,5 litro zume de mazá.
• 2 ramas de  canela.
• Media  vaina de  vainilla.
• 4 cravos.
• 3 sementes de  cardamomo (ou un chisco de  cardamomo moído).
• 1  culler pequena de pel de laranxa amarga moída.
• 2  anises estrelados.
• 300-500  ml de viño tinto.
Preparación:Non pode ser máis sinxela esta receita! Botamos todos os ingredientes nunha  pota e cocémolos a lume lento entre 20 e 30 minutos. Coamos e listo! Obtemos ao redor de 1,5 litros de glögi.
Se te animas a preparar este ponche do Nadal, coidado con pasarse! Aínda que parte do alcol se  evapora na  cocción non desaparece do todo.

Alokó ou banana frita (Costa de Marfil)

Esta receita atopámola no blogue de Afribuku, cultura africana contemporánea. É en grao sumo sinxela e, ademais, apta para veganos, xa que non chega nada de orixe animal.

Ingredientes:
• 3 plátanos maduros.
• 1 raíz de xenxibre fresco.
• Aceite.
• Sal.
Preparación: Poñemos a quentar a fritideira ou o aceite nunha tixola. Pelamos os plátanos e cortámolos en toros. Pelamos o xenxibre e relámolo. Botamos o xenxibre sobre os toros de plátano. Fritimos o plátano ata que estea ben dourado. Escorremos e poñémolo sobre un papel de cociña absorbente. Como acompañamento, adóitase utilizar unha salsa de tomate con chile picante, un contraste ideal para o doce sabor do plátano. Un entrante diferente e moi nutritivo!

Bacallau á mexicana

Seguro que todos coñecemos os encantos do bacallau á portuguesa nos seus mil variantes, aquí vos deixamos unha receita que compartimos no noso blogue. E tamén moitas persoas comeron o bacallau con coliflor, receita estrela da Noiteboa en Galicia. Pero resulta que alén do Atlántico tamén gozan deste manxar. A cociña mexicana é coñecida polo seu picante, pero isto é algo que podemos engadir ao gusto. Atopamos esta receita en México descoñecido, bótalle un ollo para descubrir máis.
Ingredientes:
• Quilo e medio de tomates cortados en dados
• 2 cebolas moradas picadas finitas.
• ½ quilo de bacallau sen sal e en faragullas.
• 4 dentes de allo grandes e picados finitos.
• Olivas negras ao gusto.
• Chile ao gusto.
• ½ quilo de Pataca pequena.
• ¼ aceite de oliva.
• Sal e pementa ao gusto.
Preparación: Lavamos ben as patacas e cocémolas con sal e a pel. Salteamos a cebola co allo e os tomates (nesta orde) e engadimos o sal e a pementa. Posteriormente, agregamos o bacallau á pota cun pouco máis de aceite uns 5 minutos. Finalmente engade as patacas xa cocidas, os chiles e as olivas. Rectifica o sal e a pementa ao gusto. Deixa repousar e a gozar. Delicioso bacallau mexicano!

Panettone para principiantes

Das miles de receitas que se atopan na rede, quedámonos con esta de El Comidista. A razón? Porque precisamente é para principiantes. Un das sobremesas por excelencia italianos non ía ser o máis fácil de facer. Aínda así esta versión require de báscula de alimentos e un termómetro.

Ingredientes:
Para a “esponxa”:
• Fariña panificable 430 g
• Auga 270 g
• Azucre 69 g
• Fermento fresco 9 g
• Total: 778 g
Para a masa final:
• Fariña de forza 300 g
• Auga 80 g
• Xemas 120 g
• Fermento fresco 6 g
• Sal 7 g
• Azucre 150 g
• Leite en po 15 g
• Manteiga 150 g
• Esponxa 778 g
• Laranxa confeitada 225 g
• Pasas 225 g.
Elaboración: Primeiro, mesturamos todos os ingredientes da esponxa. Despois, deixámolos repousar 2 horas a uns 20º C sen cambios bruscos de temperatura. Tras este paso, envorcamos todos os ingredientes da masa final menos a manteiga, o azucre e as froitas. Mesturamos ben. Agregamos o azucre aos poucos mentres seguimos  amasando. A continuación, engadimos a manteiga a temperatura ambiente.  Amasamos ata que teñamos unha textura uniforme. Logo, botamos a froita e integramos.
O seguinte paso é dividir a masa en dúas pezas iguais. Colocamos cada unha nun molde e deixámolo  fermentar nun lugar pechado durante 3 horas a uns 24 º C. Logo introducímolos no forno cunha bandexa con auga abaixo para xerar vapor. Uns 55 minutos a 150º C con calor soa por abaixo. A temperatura interna deberá ser superior a 94º C pasado ese tempo. Se é así, sacámolos e deixámolos arrefriar durante 8 horas.
Por último, pasámolos a papel de  celofán e deixamos repousar un día enteiro. Bótalle unha ollada á versión completa de El Comidista e namora a todos os teus comensais este Nadal.
Que che pareceron estas receitas? Déronche algunha idea? Cóntanos como che saíron!

Deja un comentario