Propiedades e contraindicacións do tomiño

O tomiño é unha herba moi versátil. Ten usos medicinais e culinarios que seguramente non agardas dunha herba de cociña tan simple. É moi sinxela de identificar polo seu característico cheiro. De feito, o seu nome provén da antiga palabra grega thymus, que significa perfume.

Ten poucos efectos negativos e propiedades moi beneficiosas. Vamos a ver en que pode axudarche esta herba, máis alá  de servir como condimento para aliñar e aderezar comidas.

O tomiño ten propiedades antibióticas e é dixestivo

Esta planta ten unha alta carga de timol e carvacrol, o que a converte nunha das mellores herbas desinfectantes. E por iso se pode utilizar como un antibiótico natural e para evitar que as feridas se infecten.

En canto ó sistema dixestivo, é un gran reforzo debido ás súas propiedades antipuréticas. Polo tanto, non só mellora o sabor dos alimentos, tamén facilita a súa dixestión. O seu uso evita que se formen gases e retencións nos intestinos. Ademais, tamén serve para abrir o apetito.

O tomiño axúdache a tranquilizarte e é antiinflamatorio

O tomiño é como unha píldora natural relaxante e moi suave para durmir, en situacións de cansazo ou incomodidade xeral. Unha infusión moi lixeira, cunha culler pequena por cunca de auga, axuda a conciliar o sono.

Esta planta ten propiedades antiinflamatorias, antiespasmódicas e analxésicas que axudan a aliviar a dor menstrual. Por iso, é efectiva evitando os problemas colaterais que causan cambios hormonais como a dor de cabeza, irritación estomacal, retención de líquidos e irritabilidade xeral.

A vantaxe de usar o tomiño é que carece dos efectos secundarios que os medicamentos soen producir. Entre estes destacan os vómitos, a somnolencia, as náuseas, a dor de cabeza, a diarrea e os mareos.

como comer brecol para niños

O tomiño é unha planta segura, con poucas precaucións a seguir

O tomiño é seguro sempre que se consuma en cantidades normais. Só en inxestas realmente abusivas podería causar malestar no sistema dixestivo, dor de cabeza ou mareos.

Para as persoas que queren usalo de forma tópica, como aceite, simplemente deben asegurarse antes de que non lles produce irritación. Coma sempre, o consumo de calquera alimento debe controlarse especialmente durante o embarazo, o período de lactación e nos nenos.

Como ves, podes seguir condimentando as túas comidas con tomiño con total tranquilidade e sabendo que estás axudando ó teu organismo en moitos aspectos. As mellores marcas desta planta podes atopalas no teu Gadis habitual.

Deja un comentario