Nenos que se negan a comer, que lles podo dar?

É o dilema ó que se enfrontan todos os pais nun momento ou noutro. Que facer cando o teu fillo négase a comer? A veces nin sequera é a alcachofa o que os afasta. Os nenos poden incluso rexeitar os favoritos típicos, coma os espaguetis ou os nuggets de polo. Aínda que xeralmente, xa sabemos, o principal problema vén coas comidas saudables, como as froitas e as verduras.

É posible que o teu fillo comera moi ben no pasado, pero agora négase a comer alimentos que antes comía e que realmente lle gustaban. En cambio, só comerá certa comida, aínda que probaras todo para que coma cousas novas.

Froita como premio

Aínda que algunhas froitas forman parte do “non quero comer” habitual dos nenos, hai outras que seguramente adoren. Podes usar estas como recompensa se comen o prato principal.

O feito de poder comer algo que lles gusta, soe provocar que o neno tamén probe un pouco doutros alimentos, aínda que sexa en menor cantidade. Outro truco, que require máis tempo pola túa parte, é combinar as comidas. É dicir, por cada bocado de carne con verdura, un anaco da súa froita preferida.

Isto fai que comer o prato principal sexa máis sinxelo, xa que non teñen que pensar en terminar todo antes de chegar á froita.

Ofrécelle alternativas moi parecidas ó seu prato favorito

Queres que o teu fillo coma algo máis que bocadillos de queixo á grella? Un truco é ofrecer algo similar, pero cun lixeiro cambio.

Por exemplo, podes ofrecer un novo tipo de queixo no bocadillo ou usar un tipo de pan distinto. Ademais, os bocadillos son ideais para engadir algunha verdura neles. E se o teu fillo é adicto ó queixo, prepara receitas onde este sexa o protagonista, como lasañas, ou engádeo a unha tortilla, por exemplo.

Cada vez que lles ofrezas algo novo ós teus fillos, trata de relacionalo cunha comida que lles guste. Pode que non coman todo o que desexarías, pero ó vinculalo con algo que lembran e adoran, as loitas de poder e a resistencia son menores.

ensalada de aguacate

Receitas sas que os teus fillos adorarán

Relacionado co anterior, sempre poderás pensar en receitas moi saudables, pero que inclúan ese algo que chame a atención do teu fillo. Hai moitos exemplos e a elección dependerá de cada neno. Pero algúns pratos que soen triunfar sempre son: almorzos con froitos vermellos ou do bosque, pasta con queixo (e unhas espinacas, por exemplo), asado con puré de pataca, unha quiché de gambas, pizzas…

É difícil conseguir que un neno coma cando se nega a facelo, pero unha combinación destes trucos axudarache. Ademais, todas estas receitas que che propoñemos son simples de preparar e con ingredientes que podes atopar sinxelamente en calquera Gadis preto de ti.

Deja un comentario