A importancia da compra informada

O mellor pediatra para nosos peques. As vacacións máis exóticas. O mellor libro para regalar. E, por suposto, a mellor comida para os nosos menús 😊
Cada vez máis, todas as nosas eleccións baséanse en buscar, comparar, coñecer opinións doutros compradores… Para iso é necesario ter a noso alcance información fiable do produto ou servizo que queremos consumir. A isto chámaselle compra informada e é un dos principios que adoptamos en Gadis.

Que é a compra informada?

É aquela que pon a disposición do consumidor a maior cantidade de información posible do produto para axudarlle na súa toma de decisión. Prezo, lugar de orixe, materias primas empregadas na fabricación, certificacións… entre outros moitos, son aspectos cada vez máis analizados polos consumidores antes de realizar as súas compras.
Á hora de comprar un produto de alimentación a clave para unha compra informada reside en saber interpretar todas as súas etiquetas. Nelas, ademais da etiqueta nutricional, podemos atopar certificados de orixe, de calidade alimentaria, ecolóxicos… Esta análise implica un certo tempo, que non sempre temos cando imos ao supermercado. Por iso, desde Gadis, desenvolvemos unha sinaléctica propia. Con isto axudamos aos nosos clientes para localizar facilmente os diferentes produtos nos lineais.
En concreto, temos indicacións específicas para:

  • Produtos á mellor relación calidade/prezo.
  • Produtos saudables.
  • Produtos ecolóxicos.

 

Produtos á mellor relación calidade/prezo.

Cada semana lanzamos unha serie de produtos á mellor calidade/prezo. Esta continua actualización baséase, principalmente, na nosa gran variedade de alimentos frescos e de tempada.  Estes produtos conteñen a mellor achega nutricional por estar colleitados no momento óptimo e ao mellor prezo, debido a unha maior dispoñibilidade.
Son facilmente identificables cos sinais de “Tes bo ollo” en lineais, peixaría, carnicería e charcutería.

Produtos saudables.

Cada vez son máis as persoas que presentan algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria en España. De feito, segundo un estudo de 2016 da consultora  Nielsen, un de cada catro fogares españois ten algún membro con intolerancia ou alerxia alimentaria. Leste mesmo estudo sinala que as dúas intolerancias/alerxias alimentarias con maior incidencia no noso país son á  lactosa e ao glute.
Na sección de lácteos os produtos están clasificados por tipoloxía, polo que os consumidores poden realizar a súa elección de maneira moi fácil. No caso do glute, existen máis limitacións porque se necesita unha revisión da lista de ingredientes para saber se son aptos para persoas con celiaquía
Para facilitar a localización destes produtos, desenvolvemos a etiqueta “Sen glute” co fondo azul e a tipografía amarela.  

Produtos ecolóxicos.

Os produtos ecolóxicos que podes atopar nos supermercados son principalmente de alimentación e limpeza.
Dentro de alimentación existen os de agricultura ecolóxica derivados da actividade agraria de produción de alimentos vexetais, frescos ou transformados sen a utilización de substancias químicas de síntese. Respectan o medio ambiente e conservan a fertilidade da terra optimizando os recursos naturais. Tamén aqueles de gandería ecolóxica, os cales proceden da actividade gandeira que respecta o benestar dos animais.
En España as Comunidades Autónomas teñen a competencia para realizar as certificacións de produtos de alimentación ecolóxica. Así, existe un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e un Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Castela e León.
Os produtos de limpeza ecolóxicos son aqueles que usan axentes  tensioactivos naturais e que priman as substancias naturais. A súa etiquetaxe ten que recoller especificamente a lista de ingredientes. Recoñécense pola etiqueta Ecolabel (flor con estrelas azuis que representan os estados da UE).
Estas certificacións atópanse nos produtos, pero en moitas ocasións nun pequeno tamaño que impide unha fácil localización. En Gadis desenvolvemos unha etiqueta propia de “Produto Ecolóxico. Sabor en estado puro” que consiste nunha esfera terrestre branca sobre un fondo verde. Pódela atopar sobre os lineais, na sección de froitas e na de viños.
Como podes comprobar isto da etiquetaxe, é máis complicado do que parece a primeira ollada! Esperamos que esta información vos axude nas vosas vindeiras compras.
Máis información:

 

Deja un comentario