Gadis Colabora .

En Gadis somos conscientes que os retos sociais requiren un esforzo extra que afrontamos a través da colaboración con iniciativas e asociacións para o desenvolvemento de proxectos solidarios, culturais, de fomento do deporte e a vida saudable, e para o desenvolvemento local.

Compromiso local .

En Gadis estamos comprometidos co local e máis de 400 pequenos produtores nos suministran de xeito periódico. Cristina, Dani, Rubén e Tere son algúns deles. Queres coñecelos un pouco mellor? #CompromisoLocal

gadisa-colabora gadisa-habitos-saludables
<
>

Deportes e hábitos sans e saudables .

Desde GADISA colaboramos con numerosas iniciativas vinculadas ao deporte en todas as idades.

Ofrecemos aos nosos clientes unha ampla gama de produtos que axudan aos nosos clientes a manter unha dieta sa e desenvolven actividades para promover hábitos saudables.

Competicións e eventos deportivos .

Nosa colaboración coa celebración de eventos e actividades deportivas abarca distintas disciplinas, como carreiras populares, celebración do día da bicicleta, iniciativas relacionadas co motor, campionatos de tenis, pádel, fútbol, golf, baloncesto, deportes de auga ou tríatlon entre outras, como patrocinios, campus ou campamentos.

trailer-alimentacion-saludable_ programa-alimentes pantin-classic-2017 expedicion-1500-km-de-hielo desafio-triple-corona-atlanticas deporte-solidario-e-inclusivo
<
>

Cultura .

Proxectos vinculados ao cinema, ao mundo audiovisual e á arte, por exemplo:

Premios

    • Mestre Mateo
    • María Casares de teatro
  • Colaboración con festivales
      • Cans en Porriño
      • Play Doc en Tui
      • Primavera de Cine en Vigo
      • Festival de Cine Internacional de Ourense
      • Mostra de Cinema Periférico de A Coruña
      • Festival de Cine de Astorga
      • Semana Internacional de Cine de Valladolid

Apoyos a instituciones

    • CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
    • Museo do Pobo Galego


Orquesta Sinfónica de Galicia

Mediante esta colaboración e o sorteo de invitacións entre os nosos clientes para os concertos, apostamos por facer máis accesible este tipo de música ao público en xeral.

Día das Letras Galegas

Involucrámonos un anos máis na celebración da festividade que conmemora a literatura galega.

Ademais, co obxectivo de visibilizar e pór en valor a literatura infantil en lingua galega, publicamos un recompilatorio de contos da escritora Helena Villar Janeiro titulado Contos do Sol e da Lúa e que inclúe sete relatos dirixidos a públicos infantís e ilustracións da pintora Ana Costas. Editamos 30.000 exemplares, que lles regalamos aos nosos clientes ao realizaren calquera compra nos nosos establecementos Gadis, ata esgotar existencias.

festival-da-luz portamerica letras-galegas
<
>

Desenvolvemento económico local .

Ao longo do ano tamén colaboramos con numerosas iniciativas e asociacións cuxa actividade se centra no impulso da economía local e a posta en valor de produtos locais. Nesta categoría encádranse unha gran variedade de Iniciativas: apoiamos feiras promovidas por organizacións empresariais, a organismos que fortalecen as estruturas socioeconómicas da súa contorna, a actividades para o fomento da innovación e o emprendemento, ou o desenvolvemento de actividades de lecer e dinamización, entre outras.

talleres-infantiles premios-spin-off naviland-leon mar-de-mares
<
>
sport1 sport2 sport3 sport4 sport5 sport7 sport8 sport6-1
<
>

Patrocinios institucionais .

Equipo paralímpico español

Un ano máis seguimos apoiando ao Equipo Paralímpico Español a través do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP), unha iniciativa do Comité Paralímpico Español, o Consello Superior de Deportes e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que ten como fin proporcionar aos deportistas paralímpicos españois as mellores condicións posibles para poder levar a cabo a súa preparación e participación nos Xogos Paralímpicos.

A través de Gadis apoiamos ao equipo paralímpico desde 2008, estando presentes en tres Xogos Paralímpicos: Pequín 2008, Londres 2012 e Río de Janeiro 2016.

Descubre nuestras novedades

#GadisInforma .

Mantente informado de toda la actualidad de GADIS con las noticias, novedades, consejos de compra y mucho más