Froitas de inverno para nenos, cales son as mellores?

Os máis pequenos (e os adultos, por suposto) deben comer de forma regular froita. Iso parece non supoñer un gran problema en primavera e verán, meses que todos identificamos con moita froita. Pero o certo é que nos meses fríos segue habendo moito onde escoller en Gadis. Hoxe vámosche falar das mellores froitas de inverno para nenos.

Si, aínda que soe raro, hai froitas que se dan especialmente ben nos meses fríos. Ademais, hai outras que son tan resistentes que se poden cultivar practicamente durante todo o ano. Esas son as túas principais aliadas para seguir aportando ós teus nenos as racións diarias recomendadas.

Froitas de inverno recomendadas para nenos

Do mesmo xeito que hai verduras que se dan especialmente ben en inverno, casos da espinaca, repolo, remolacha, coliflor, brócoli ou cenoria, tamén hai froitas coas que desfrutar e manter ós teus pequenos sans durante o frío. Nós recomendámosche as seguintes.

Plátano

Unha froita amada polos nenos en todo o mundo, deliciosa e sinxela de comer. É unha fonte importante de enerxía e reduce as posibilidades de cambras musculares. Tamén controla os niveis de azucre e ten vitaminas C e B6, calcio, potasio, fibra e moito máis.

Laranxa

Son esenciais para a visión e reducen o colesterol no sangue. Aportan unha boa cantidade de vitamina C ó organismo e son unha boa fonte de vitaminas A e B, fibra, potasio e calcio.

Kiwi

Unhas das froitas exóticas que están dispoñíbeis durante todo o ano. Axuda a manter un equilibrio adecuado de líquidos no corpo, a función adecuada das células e o cerebro, a contracción muscular normal e a saúde nerviosa. Ten máis vitamina C cas laranxas e tamén fibra, desoxidantes e potasio.

Uvas

Esta froita é boa para estimular a inmunidade e a saúde nerviosa. Ten desoxidantes moi potentes que son beneficiosos. Conteñen vitaminas A, C, B6 e K, ácido fólico, calcio, ferro, manganeso, potasio e fibra para regular a dixestión nun neno.

Piña

Outra froita exótica e zumarenta que é unha fonte inesgotábel de vitamina C, manganeso e fibra. Fortalece a inmunidade e axuda na formación de ósos.

Pera

A pera estimula o sistema inmunolóxico, mantén a raia as alerxias cutáneas e é boa para a saúde dos ollos e o pelo. Axuda a curar feridas e repara os vasos sanguíneos. É rica en vitaminas C, A, ácido fólico, potasio e fibra.

Mazá

As mazás están repletas de vitaminas A, B-1, B-2 e C, ademais de minerais coma calcio, potasio, iodo, ferro e fósforo. Estes nutrientes son esenciais para o corpo en crecemento dun neno, particularmente nos ósos, tecidos, músculos, órganos, pel e sangue. As propiedades contra virus das mazás poden axudar a atacar as bacterias na boca, limpar os dentes e fortalecer as enxivas.

Deja un comentario