DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente.
As Nacións Unidas, designaron este día conscientes da necesidade de protección e mellora do planeta terra. Unha cuestión fundamental que afecta o benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico do mundo enteiro.
A celebración deste día persegue unha opinión pública ben informada e unha conduta responsable por parte dos individuos, das empresas e das colectividades. Este día foi gañando importancia desde que comezou a celebrarse en 1974 e, agora, é unha plataforma mundial de divulgación pública.
India é o país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente 2018. Cada ano, a localización varia para comprometer a distintos estados na protección do medio.

Sen contaminación por plásticos.

A ONU pídenos que como persoas individuais, como empresas e como sociedade civil, que tomemos conciencia e que loitemos contra a contaminación por plásticos..
O plástico ameaza a vida mariña e humana, e destrúe os ecosistemas naturais. O obxectivo é concienciar sobre a necesidade de reducir a cantidade de plástico que se verte nos nosos océanos. A celebración deste día pretende facernos conscientes de que podemos cambiar hábitos no noso día a día para reducir o noso consumo de plásticos.
Algúns datos:

  • Cada ano, o mundo usamos 500 mil millóns de bolsas.
  • Anualmente, polo menos 13 millóns de toneladas de plástico terminan nos océanos: equivale á descarga dun camión de lixo cada minuto.
  • Na última década, producimos máis plástico que en todo o século pasado.
  • 50% do plástico que usamos é dun só uso ou  rexeitable.
  • Compramos 1 millón de botellas de plástico por minuto.
  • O plástico constitúe o 10% de todos os residuos que xeramos.

Gadis e o medio ambiente.


Desde Gadis queremos ofrecer o mellor produto coa mellor calidade e servizo, á vez que contribuímos a mellorar a nosa contorna. Entre as nosas accións destacan a promoción do consumo de produtos de tempada e locais, o aforro e a eficiencia enerxética, a correcta xestión de residuos e, por suposto, accións para diminuír o plástico.
Recentemente innovamos no noso sistema de pesado de alimentos na froitaría. Agora é posible empregar tan só unha bolsa para varias froitas e/ou verduras. Seguimos estudando fórmulas para facer este proceso aínda máis sinxelo e sustentable. Se non coñeces esta novidade, podes consultar máis nesta ligazón.
Ademais, durante xuño estamos inmersos nunha campaña de sensibilización por #UnMundomásSostenible. Con esta iniciativa pretendemos mostrar pequenas accións que podemos facer no noso día a día. Tamén vos contamos que cousas estamos a facer en Gadis para contribuír ao coidado do planeta. Síguenos en redes sociais para coñecer máis da iniciativa.
Con respecto ás bolsas que actualmente entregamos en caixa, o próximo 1 de xullo entra en vigor en España a normativa europea pola cal se comezarán a cobrar. Iremos informando co debido tempo. Aproveitamos para lembrarvos que temos á vosa disposición varios modelos de bolsas reutilizables con moi boa relación calidade-prezo e que tamén podedes traer vosas propias bolsas de casa.
Cada día, en Gadis esforzámonos por seguir mellorando para ti e para o planeta.
Feliz día do medio ambiente!

Deja un comentario