Día Mundial do Corazón

O corazón ten sido tema central da medicina, das artes, da filosofía ou da lingüística desde os tempos máis remotos. Hoxe en día, continua a ser uns dos emoticonos máis empregados. É a parte máis apaixonada. A máis leal. A máis doce. É o centro de todo.

Día mundial do corazón.

O 29 de setembro celebramos o Día mundial do corazón. A pesar de ser o símbolo universal do amor, as enfermidades cardiovasculares (ECV) son a principal causa de morte a nivel mundial.  A boa nova é que a maioría das ECVs pode previrse grazas a uns hábitos saudables de vida. Por iso, a Federación Mundial do Corazón có apoio da OMS e a UNESCO, designou este día para dar a coñecer as enfermidades asociadas ó corazón e a súa prevención.  

Que son as enfermidades cardiovasculares?

As enfermidades cardiovasculares son un grupo de desordenes do corazón e os vasos sanguíneos que poden chegar a provocar ataques ao corazón e accidentes vasculares e cerebrais. A principal causa é a acumulación de depósitos de graxa nos vasos sanguíneos que acaba por entorpecer a circulación do sangue cara o cerebro e o corazón.

Factores de risco.

Unha dieta insá, inactividade física e consumo de tabaco e alcohol, son as principais causas. Todos estes hábitos conducen a afeccións tales como a hipertensión, a diabetes, a hipercolesterolemia, o sobrepeso e/ou a obesidade. Este tipo de enfermidades non transmisibles, convértense nos principais factores de risco para sufrir ataques cardíacos, accidentes cerebrovasculares, insuficiencia cardíaca e outras complicacións.

Algúns datos:

  • En España, no 2015, déronse máis de 220.000 ataques ao corazón, anxinas de peito e infartos cerebrais segundo os últimos datos do Estudo RECALCAR (2017).
  • O 50,5% da poboación adulta española (23 millóns de persoas), ten hipercolesterolemia, segundo datos do Estudo de Nutrición e Riso Cardiovascular de España (ENRICA, 2011)
  • Segundo este mesmo estudo (ENRICA, 2015), Galicia, Canarias, Estremadura e Rexión de Murcia son as comunidades cos niveis de colesterol máis altos.
  • Un de cada tres españois morre anualmente por enfermidade cardiovascular, sendo a primeira causa de mortalidade. (Menús con corazón, 2016)
  • Estímase que o 80% das mortes por enfermidade cardiovascular poderíanse evitar cuns hábitos de vida saudables (Menús con corazón, 2016).

 

Hábitos de vida cardiosaudables:

  • Nada de tabaco. Deixar de fumar é un dos maiores agasallos que podemos facerlle a nosa saúde.
  • Reducir o consumo de alcohol. Un consumo moderado de alcohol non ten porque ser prexudicial, pero si o seu abuso.
  • Levar unha dieta rica e variada. Alta en froitas, verduras e produtos frescos e baixa en graxas, sal, azucres e produtos procesados. Os froitos secos naturais, en especial, as noces, son grandes aliadas do corazón.
  • Actividade física regular e adaptada as nosas capacidades. Paseos habituais a un ritmo moderado son a maior recomendación.
  • Baixos niveis de estrés e ansiedade. Aprender a xestionar as emocións e situacións para evitar perder a calma, debe ser unha prioridade no noso día a día.
  • Soño reparador e pracenteiro. O descanso proporciona o equilibrio necesario para que o noso corpo e mente funcionen correctamente.

6 ideas cardiosaudables:

Lembra que para levar uns hábitos de vida saudable non é preciso facer grandes nin drásticos cambios.

  1. Planificar os nosos menús para asegurarnos de incluír as 5 racións de froita e verdura, froitos secos, peixe azul, cereais integrais e legumes.
  2. Gústanche os cans? Se a resposta e si, non encontrarás un aliado mellor para o teu corazón e o seu. Desfruta de largos paseos ó seu carón. Se non tes un, lembra que as protectoras de animais teñen a ese compañeiro tan cardiosaludable que andas a buscar 😉 E se non che gustan, non é escusa! Sempre se pode convencer a unha amiga ou amigo para que che acompañe nas túas camiñadas.
  3. Reduce o sal e o azucre pouco a pouco. Un chisco menos de sal na cociña cada día. Un pouquiño menos do sobre de azucre con cada café.  Así irémonos acostumando ao sabor natural dos alimentos case sen darnos conta.
  4. Experimentar con novas receitas. Axudaranos a comprar máis produtos frescos e menos procesados. Nada como a comida feita na casa para comer saudablemente.
  5. Aprende a practicar mindfulness. É unha técnica milenaria perfeccionada pola máis moderna neurociencia e psicoloxía actual. Permítenos aprender a concentrarnos no momento presente e reducir o estrés e a ansiedade.
  6. Tómate en serio as túas horas de sono. Ao igual que temos rutinas de entrenamento ou de traballo, debemos telas de sono. Durmir unhas 7-8 horas diarias é a chave. Manter uns horarios constantes e non empregar o móbil na hora anterior, axuda a conciliar mellor o sono.

Fontes para consultar:

Deja un comentario