Día das Letras Galegas en Gadis

Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha das datas máis importantes para celebrar e homenaxear a cultura e a literatura de Galicia. Dende hai días, están a levarse a cabo numerosas actividades culturais e escolares para lembrar a figura de Xela Arias. E en Gadis non imos ser menos! 😉 Nesta ocasión, o día dedícase á autora de orixe lucense. Arias convértese na quinta muller (tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño e María Vitoria Moreno) en recibir o recoñecemento deste gran evento literario e na 57ª seleccionada. Sen dúbida, unha poetisa cun estilo único moi persoal. Sabes como imos celebralo en Supermercados Gadis? Coa publicación de 15 voces da nosa poesía galega, unha antoloxía na que se recollen os textos de 15 poetas e poetisas novos galegos. Aquí contámoscho todo!

Xela Arias

Nada en Sarria (Lugo) en 1962, Xela Arias Castaño foi escritora, poeta, tradutora de varias linguas, editora e profesora de galego. Seu pai foi tamén escritor e tradutor, e creceu un tanto allea ao ambiente político da época, nunha familia que lle inculcou o amor pola literatura e a cultura galegas. Tras abandonar os estudos en COU, comezou a traballar na Editorial Xerais o mesmo ano da súa fundación (1979). Os seus inicios foron como oficinista, pero pronto desenvolveu unha labor investigadora e, máis tarde, desempeñou tarefas de corrección de estilo e edición. Foi unha das responsables do lanzamento da colección Xabaril, cuxa intención é que os nenos e nenas galegos teñan acceso a clásicos da literatura xuvenil universal na súa lingua, sendo tamén una das tradutoras dalgúns volumes. É probable que nos teus andeis atopes algún deses títulos. Non é así?

A partir de 1980, os escritos de Arias empezan a publicarse en xornais e revistas como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Xornal de Noticias do Porto, entre outros. A súa primeira obra literaria, Denuncia do equilibrio, aparece en 1986 e foi finalista do Premio Losada Diéguez. É unha autora rompedora, en constante diálogo con outras disciplinas artísticas como a fotografía, a pintura ou a música. Así o demostran, por exemplo, a publicación de Tigres coma cabalos, un poemario xurdido da colaboración co fotógrafo Xulio Gil, ou as letras das cancións que realizou para o grupo de rock vigués Desertores. Tres anos despois do nacemento do seu fillo, publica Darío a diario, unha reflexión moi persoal sobre a maternidade e o primeiro poemario en galego con esta temática. O seu último libro, Intempériome, publicado o mesmo ano da súa morte, rompe cos convencionalismos lingüísticos e supón unha exploración na que a poetisa espida a súa alma sacándoa á intemperie, manifestando a súa fobia á opacidade como unha metáfora da falta de liberdade.

Xela Arias tamén escribiu relatos e participou en obras colectivas e fanzines. A súa figura destaca entre os poetas galegos da xeración dos 80 pola súa contribución á renovación da poesía galega, achegando novos temas e un estilo moi persoal. Así mesmo, pode considerarse precursora do boom literario feminino que xurdiu na poesía galega na década dos 90.

Gadis y las Letras Gallegas

En Gadis, sempre mantivemos un vínculo especial coas Letras Galegas. Este ano non podía ser doutra maneira e preparamos unha homenaxe a Xela Arias lanzando á rúa unha selección de textos de 15 poetas e poetisas novos galegos. Parécenos a mellor maneira de honrar á autora lucense, non cres?

15 voces da nova poesía galega recolle os traballos de varios autores e artistas galegos que reflicten a calidade e a variedade de voces novas do ámbito literario de Galicia. Nun diálogo entre a palabra e a imaxe, inclúense tamén pezas de artistas visuais e fotógrafos. Tal e como explica María Jesús Nogueira Pereira na introdución do volume, esta iniciativa responde á “vontade que sempre mostrou Arias por levar a poesía a espazos pouco habituais”, de sacala á rúa.

¿Quen son as 15 voces desta antoloxía? Poetas e poetisas galegos nados a partir da década dos 80. Atoparás textos -algúns xa publicados e outros inéditos- de Alba Cid (Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2020), Andrea Nunes Brións (finalista dos Premios AELG e galardoada, xunto a María Rosendo, có XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas), Celia Parra, Cristina V. Miranda, Daniel Landesa, Gonzalo Hermo (Premio da Crítica da Asociación Española de Críticos Literarios e Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández), Helena Salgueiro, Ismael Ramos (Premio Javier Morote outorgado por CEGAL), Lúa Mosquetera (Finalista da Poetry Slam Compostela 2019 e gañadora da Virtual Poetry Slam Compostela 2020), quico, Rosalía Fernández Rial, Samuel L. París, Pompa & Boato, Tamara Andrés y Xabier Xil Xardó (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 2008). Dialogando con eles, as pezas fotográficas de artistas novos como Miryam Pato, Andrea Sánchez, Sonia S. Draswi e Álvaro Montes amplían o espazo de representación desta selección, ao modo que sempre buscou Arias na súa traxectoria.

Queres unirte á celebración do Día das Letras Galegas cun exemplar desta antoloxía? Para conseguir unha copia física e unha bolsa de tea co deseño da obra podes participar no noso concurso na web www.gadisletrasgalegas.gal. Ademais, o sábado 15 de maio poderás facerte cun exemplar deste poemario con calquer compra nos nosos Gadis, aínda que as unidades son limintadas. Ou ben podes descargar o poemario 15 voces da nova poesía galega na seguinte ligazón.

Dentro do noso plan de responsabilidade social corporativa, en Gadis levamos máis de 15 anos publicando libros en galego e apoiando iniciativas de índole cultural. Atoparás máis información sobre as #LetrasGalegas21 nas nosas redes sociais: facebook, twitter, instagram e Youtube, onte che preparamos unha serie de video poemas. Non os perdas!