Consumo e compra responsable no Nadal

Achégase o Nadal. Xa non queda nada para comezar as reunións familiares, enchentas e festexos 😊

O consumo e o Nadal.

Durante o mes de decembro e principios de xaneiro o consumo dispárase. Comida, bebida, ceas, festas, agasallos… Época de reencontros con familiares e amigos que sen saber moi ben como, envólvennos no espírito consumista.
Conxunto de bufanda e gorro que non che vas a poñer na vida. Camiseta tres tallas máis grandes que nunca chegas a cambiar. Gravata imposible de combinar… sóavos familiar? Acabemos con iso! Comprar por comprar para quedar ben? non axuda nin ás persoas que queremos nin ao planeta.  Démoslle unha volta a estas festas.

5 agasallos diferentes para o Nadal.

  1. Tempo. Pode resultar chocante, pero na atarefada vida que levamos é o maior dos tesouros. Dedicarlle un día completo a algún ser querido. Ou algunhas tarefas domésticas das que menos lles gusta facer a outras persoas. Podes facelo cun cartón regalo escrita/deseñada e envolta con moito amor.
  2. Experiencias. Implica regalar tamén tempo. Ir de sendeirismo xuntos. Un fin de semana nunha casa rural. Un  Scape  Room en familia?  Paintball? Quizais un plan  multiaventura para a primavera… Diversión asegurada e marabillosos recordos que gardar….
  3. Agasallos desexados. Tamén poden ser agasallos físicos. Para elo, é importante que sexa o que a persoa desexa/necesita. O factor sorpresa do agasallo é xenial pero so si acertamos. Preguntar é a solución. Podemos facer un pouco de investigación e non preguntar directamente á persoa. Tamén podemos intentar sacarlle información sen que se dea conta. Forma parte do encanto!
  4. Agasallos xustos. Se nos decidimos a comprar algo, que sexa un agasallo que asegure o nadal para todas as persoas. Incluídas aquelas que o produciron. Agasallos de comercio xusto, que aseguren toda a  trazabilidade desde a orixe. Agasallos de produtos ecolóxicos que impliquen menor impacto ambiental.
  5. Cousiñas da terra. Nada como unha cesta elaborada con produtos locais. Máis se son comestibles. Unha crema de castañas. Un bo albariño. Unhas algas. Unhas fantásticas conservas. E que tal se as facemos temáticas? Cesta de queixos galegos (Arzúa, San Simón, Cebreiro…) Pack Cocido Galego (unha latiña de grelos, un lacón envasado ao baleiro, uns chourizos, un touciño…). Si temos amigos ou familiares vivindo fóra, este agasallo será a estrela.

Comer e beber en Nadal.

Se temos algo que caracteriza estas festas, é a cantidade e variedade de comida e bebida. E xa non digamos “vivindo como galegos” 😉
Con todo, non debemos angustiarnos, o importante é pasar tempo xuntos. Por iso, velaquí algúns consellos que podemos levar a cabo:

  • Produto local, de tempada e sinxelo. Non fan falta complicadas receitas para gozar do noso mar e a nosa terra. Menos, é máis. Un ollomol ao forno con patacas. Un cordeiro asado… O máis importante é o amor que lle poñamos na elaboración. O ingrediente máxico de toda receita.
  • Traballo compartido. Nada de chegar ou que cheguen xusto para cenar ou comer. Se queremos desfrutar ao máximo destas datas, nada como cociñar e decorar xuntos. Uns poñen a mesa, outros cociñan, algúns coidan dos peques…
  • Unha boa reserva de envases reutilizables. Podemos levalos se vamos de invitados ou ter en casa algúns preparados. Vai sobrar comida. En realidade, é un regalo que así sexa! Enchemos os tuppers e os conxelamos para cando teñamos “morriña” das festas.
  • Sobremesa activa. Quedarnos falando desde o xantar ata a cea é unha delicia. Sen embargo, neste tempo non paramos de comer e beber. Que tal si saimos a dar un paseo en familia ou con amigos? Activaremos o organismo, axudaremos á dixestión e gastaremos a enerxía sobrante.

 

O mellor agasallo de Nadal.

Gozar dos nosos e que eles gocen de nós. Botemos os teléfonos móbiles fora da mesa. Preparemos algún xogo ou actividade para facer en conxunto. E, sobre todo, esteamos presentes. Aquí e agora. Saboreando cada bocado, cada conversa, cada aperta…A pasalo en grande!

Deja un comentario