Consellos sobre alimentación saudable e consumo responsable. Únete a #GadisSaludable!

Un dos obxectivos desde ano é a prevención de enfermidades como a obesidade empregando hábitos saudables, para o que contamos coa Fundación SEEDO e o seu programa “Aligera tu vida. Prevención de la Obesidad”.
O primeiro é ser responsable no noso fogar. Como? Levando unha alimentación saudable: consumir moita froita, verduras, hortalizas, e levar un control do consumo de azucres e graxas. Ademais, o descanso diario é de vital importancia. Intenta descansar entre 7 e 8 horas ao día, sen luces nin distraccións e, a poder ser… sen ruídos!
Pero a túa responsabilidade non remata aquí! Hai que evitar o desperdicio de alimentos e separar correctamente os desperdicios coma o aceite de cociña, envases, residuos orgánicos, vidros…etc.
E no traballo, como o fago? Gran parte do noso día a día transcorre no lugar de traballo, onde non debes descoidar a túa alimentación nin os bos hábitos. Velaquí, 3 consellos para que os poñas en práctica: un bo ambiente, unha boa xestión do tempo e un movemento mínimo. Lembra que é moi importante manterse hidratadxs e, de ser posible, leva ti mesmo un tupper para comer con comida elaborada da casa.
Podes inspirarte coas nosas receitas saudables e moi sinxelas de preparar!
Pronto… máis consellos!
Non perdas as nosas publicacións de #GadisSaludable no FacebookTwitter Instagram.
E lembra que podes gañar unha cesta de froita cada semana. Participa aquí!

Deja un comentario