Alimentos que teñen máis calcio co leite

Que alimento ten moito calcio? Hai alimentos ricos en calcio e vitamina D cos que complementar o consumo de leite? Se te fas estas preguntas ou estás buscando substitutos ó leite para aportar máis calcio ó teu organismo, hoxe ímosche recomendar unha serie de alimentos que son top neste sentido.

O leite contén uns 120 miligramos de calcio por cada 100 gramos, existindo outros alimentos que teñen máis. O problema é que na nosa dieta diaria, o leite é un alimento sinxelo de consumir, xa que o incorporamos ó noso almorzo de forma regular. Ten en conta que a chave dunha boa alimentación non é tomar calcio de forma puntual, se non incorporalo a diario á túa dieta.

Propoñémosche estes alimentos con calcio non lácteos

Ese é o motivo polo que o leite, aínda que non sexa o alimento que máis calcio ten do mundo, sexa o máis consumido en occidente, porque é máis sinxelo de tomar cas espinacas, os garavanzos, a col, as améndoas ou as sardiñas en lata; ou vas dedicarte a comer garavanzos todos os días? O leite é parte do noso día a día a un nivel cultural.

Estes alimentos que citamos conteñen máis calcio co leite. A chía, por exemplo, ten até seis veces máis calcio, mentres que a espinaca ten unha cantidade similar. É dicir, se non queres tomar leite ou non podes por intolerancia á lactosa, recomendámosche que te marques un menú semanal no que estean incluídos os seguintes ingredientes: sardiñas en lata, améndoas crúas, garavanzos e col rizada.

ensalada de sardinas

Dámosche alternativas ó leite para reforzar a túa dieta rica en calcio

Unha forma estupenda de comer sardiñas en lata, que teñen tres veces máis calcio co leite, é como tosta á cea. As espinacas crúas son ideais como substituto da leituga nas túas ensaladas. Os garavanzos poden converterse sinxelamente en humus ou converterse nun aperitivo san para picar xunto cunhas améndoas, e a col pode engadirse a arroces e guisos. Se introduces todos estes elementos na túa alimentación regular, conseguirás unha boa aportación de calcio na túa dieta sen ter que tomar leite. Agardamos que sacaras ideas para prepararte bos almorzos ricos en calcio.

Deja un comentario