Especial #GadisSalud: o brócoli

Fecha: Febreiro 23, 2023

Aínda quedan un par de meses para gozar da tempada de brócoli e pareceunos un bo momento para falar desta verdura que hai quen considera un superalimento. Pertence á familia das crucíferas e quizais unha das súas características máis destacables é a súa versatilidade. É un produto que encaixa en calquera momento do día: como guarnición ao mediodía, como prato para a cea e mesmo á hora do almorzo ou na merenda nun batido ou nun mollo verde. Por non falar das múltiples formas en que se pode cociñar… Hoxe dedicámoslle o especial #GadisSalud e imos compartir contigo algunhas curiosidades, algúns dos seus beneficios máis importantes e tamén unha receita. Segue lendo!

Orixe e variedades do brócoli

Parece que a orixe do brócoli remóntase ao século VI aC, cando se produciu un cruzamento natural de plantas da familia das Brassica no norte de Italia. Sábese que, no Imperio Romano, era apreciado polas súas propiedades saudables e que os comerciantes e navegantes do Mediterráneo contribuíron á súa diseminación polo mundo. Con todo, non se converteu nun alimento popular ata principios do século XX. De feito, antes de utilizarse como alimento, usouse con propósitos medicinais para combater a xordeira, a diarrea e a dor de cabeza, entre outros.
Estas son as variedades que podes atopar:
Brócoli calabrese. Procede da rexión italiana de Calabria e é a variedade máis habitual. O seu tamaño oscila entre os 10 e os 20 centímetros, e o seu peso adoita roldar os 500 gramos.
Brócoli Romanesco. En realidade, é un tipo de coliflor. O seu sabor é máis suave que o do brócoli tradicional e a súa textura, máis crocante.
Brócoli italiano ou grelo. Sabías que os grelos son unha variedade de brócoli coñecida en Italia como brócoli rapini? De sabor amargo, é rico en vitaminas A, C e K, ademais de ter tamén unha cantidade importante de calcio e ferro.
Bimi o broccolini. Trátase dun híbrido entre o brócoli e a col asiática ou kai-lan. O seu sabor é máis doce que o tradicional e ten unha elevada concentración de minerais, como fósforo, magnesio, ferro e calcio.

Os beneficios do brócoli

O brócoli ten un alto contido en vitaminas e minerais, e é unha das verduras máis nutritivas. Destaca, fundamentalmente, pola achega de vitaminas C e A, así como de ácido fólico. Apenas contén calorías e é unha fonte importante de calcio, potasio, fósforo, ferro, iodo, cinc, cobre e manganeso. Ademais destes nutrientes esenciais, contén compostos como o sulforafano, que contribúe a combater o cancro. Estes son algúns dos beneficios máis importantes do brócoli:
– Axuda a previr o cancro grazas á súa combinación de elementos antioxidantes, desintoxicantes e antiinflamatorios.
– O seu consumo é recomendable para combater a anemia debido ao seu alto contido en ferro, clorofila e ácido fólico.
Depura o organismo.
Protexe o sistema cardiovascular porque contribúe a diminuír os niveis de colesterol en sangue e evita a formación de homocisteína, un factor de risco para o sistema cardiovascular.
Mellora a saúde ocular polo seu contido en carotenoides.
– Protexe o sistema dixestivo grazas á fibra e os fitonutrientes.
Protexe frente ás infeccións polo seu contido en vitamina A e betacarontenos.
– Mellora a saúde da pel e favorece a cicatrización grazas ao seu contido en antioxidantes.
– Contribúe ao funcionamiento normal do sistema óseo e muscular grazas ao potasio, ao calcio e ao magnesio.

Cociña con brócoli

O brócoli é unha verdura que se pode comer de múltiples formas: crúa, cocida, ao vapor, ao forno… Pódese agregar ás cazolas, sopas ou guisos, ou preparar en salsas. Hai infinidade de posibilidades e hoxe queremos propoñerche unha sorprendente: un cuscús.

Falso cuscús de brócoli

Ingredientes
– 1 brócoli pequeno
– 5 ml vinagre de Xerez
– 5 ml zume de limón
– 1 anaco de xenxibre fresco
– 1 dente de allo
– ralladura de limón
– 1 culleradiña de comiño en gran
– tomiño seco
– pementa negra moída
– sal
– aceite de oliva virxe extra
Preparación
1. Corta os ramalletes de brócoli e as follas. Lava, escorre e pícao cun coitelo. Se queres, podes relalo para obter unha textura similar ao cuscús real.
2. Quenta unha tixola e tosta lixeiramente as sementes de comiño. Engade o allo picado e o aceite co xenxibre relado. Revolve ata que se empece a dourar e agrega o brócoli co tomiño.
3. Engade as follas grandes do brócoli picadas e saltea un minuto antes de engadir o vinagre e o zume de limón. Remove ben.
4. Salpimenta e saltea a lume vivo uns minutos máis. Podes deixar a textura que che guste, pero non fai falta moito tempo de cocción.
5. Podes acompañar o prato con pito salteado ou ovo.
Que che parece a receita? Anímaste a probala?