Como coidar da natureza nas túas vacacións de verán?

Fecha: Agosto 3, 2023

O verán bríndanos máis tempo de lecer e adoita incrementar o noso nivel de actividade. Isto, unido ás altas temperaturas, que parecen ser máis calorosas cada ano, agrava o noso impacto sobre a contorna. Durante esta época do ano, o consumo de auga e enerxía é maior, do mesmo xeito que a nosa pegada de carbono. Ademais, adoitamos pasar máis tempo na natureza porque organizamos máis plans ao aire libre: picnics, días na praia ou na montaña, visitas a parques naturais, estancias na aldea… Una das consecuencias máis notorias é o abandono de residuos nas contornas naturais, a temida basuraleza que pon en perigo a biodiversidade dos ecosistemas e os recursos do planeta. Pero non só é un problema dos lugares que visitamos, senón tamén daqueles polos que pasamos nos desprazamentos por estrada. O lixo que se acumula nas cunetas aumenta o risco de incendios, a contaminación e a deterioración no funcionamento das vías de encanamentos de augas. Por iso, desde Gadis queremos compartir contigo algúns consellos para coidar a natureza nas túas vacacións de verán. Queres saber máis? Segue lendo!

Coidar da naturaleza, tamén, é unha responsabilidade individual

A principal solución para a deterioración da contorna natural é a prevención. Neste sentido, o respecto polo medio ambiente pasa por buscar que a nosa actividade non o prexudique. Trátase de introducir cambios nas nosas rutinas para adoptar hábitos sostibles que contribúan a diminuír o efecto negativo das nosas accións. Así o destaca o informe do proxecto Libera sobre o impacto do abandono do plástico na natureza, que subliña a responsabilidade individual como unha das principais medidas para mitigar o dano que causamos ao planeta. É ese compromiso o que evita o abandono de residuos, garante un consumo responsable e aposta por un modelo de economía circular, ademais de coidar de todos os elementos que conforman o hábitat natural, incluídas a súa fauna e a súa flora.
Un dos principais retos deste século é a redución do impacto negativo do turismo para avanzar cara a un modelo máis sostible. A única maneira de logralo é contar coa participación de todas aquelas persoas que viaxan aos destinos, xa que as súas decisións e as súas condutas poden contribuír de maneira significativa a minimizar a pegada que deixan nos seus desprazamentos e estancias. Tanto se vas visitar algún destino afastado (ou non tan afastado) coma se as túas vacacións van transcorrer dentro do teu municipio, é importante tomar conciencia da presión que as nosas accións poden exercer sobre a contorna. A continuación, compartimos algunhas formas de coidar a natureza con información moi sinxela e práctica para que goces dunhas vacacións responsables.

Como coidar da natureza nas túas vacacións de verán?

Sabemos que o verán é case un sinónimo de descanso e desconexión, pero tamén pode selo de reconexión coa natureza. Para gozala ao máximo, é importante coidala e aquí tes algunhas pistas para que poidas facelo estas vacacións:
– Practica o ecoturismo. Viaxa de forma sostible, elixe aloxamentos respectuosos co medio ambiente, respecta a contorna e a cultura dos lugares que visitas e procura minimizar ao máximo a túa pegada de carbono, vixiando o teu consumo de auga e electricidade para non malgastar os recursos.
– Procura non invadir hábitats. Observa a flora e a fauna, pero non a toques. Tampouco participes en actividades que poidan entrañar perigo para os ecosistemas, explotación e malos tratos a animais.
Móvete de forma sostible. Sempre que sexa posible, camiña ou recorre ao transporte público ou á bicicleta para os teus desprazamentos.
– Independentemente de que viaxes ou non, continúa cos teus hábitos de reciclaxe. Ao chegar ao teu lugar de destino localiza os contedores máis próximos para non perder os bos costumes. Para iso, non hai vacacións 😉.
– Segue a consumir produto local e de tempada.
– Nas túas saídas á praia ou ao campo, non deixes lixo. Leva bolsas para gardar os desperdicios e depositalas despois nos contedores correspondentes.
– O verán é a época do ano máis propicia para a proliferación de incendios, extrema as precaucións, depositando as cabichas, os mistos e os envases de vidro en contedores ou papeleiras.

Non acendas fogueiras en lugares que non estean autorizados. Busca os espazos permitidos e acondicionados. Apaga o lume unha hora antes de irte e asegúrate de que estea completamente apagado antes de abandonar o lugar.
Optimiza os recursos naturais de refrixeración, ventilando nas horas máis frescas e pechando xanelas e baixando persianas cando aperta a calor.
– Aposta pola eficiencia dos sistemas de climatización. Se é posible, prioriza o uso de ventilador fronte ao aire acondicionado para reducir o consumo eléctrico. Se utilizas o aire acondicionado, non o poñas a unha temperatura inferior a 24º (cada grao de temperatura que descenda, implica un 8% máis de enerxía consumida).
– Utiliza protección solar respectuosa cos océanos, evitando compostos químicos como a oxibenzona e o octilmetoxicinamato que alteran os ecosistemas mariños.
– Reduce a basuraleza. Ademais de seguir sendo responsable cos residuos que xeras, podes colaborar recollendo o lixo que vaias atopando en cada un dos teus plans.
– En España, máis de 4,5 billóns de cabichas terminan abandonadas na natureza. Os seus compoñentes poden tardar en degradarse ata dez anos, polo que constitúen unha ameaza importante para o medio ambiente. Se fumas, presta especial atención para despositalas en cinceiros e papeleiras.
Que che pareceron estes consellos? Anímaste a coidar da natureza durante as túas vacacións de verán?