Cal é o mellor atún fresco?

Fecha: Novembro 30, 2020

Por que conformarse con menos cando tes ó teu alcance o mellor atún fresco do mundo? Si, xa escoitarías moitas veces que España é un país privilexiado para os amantes do peixe e o marisco. E o atún non é una excepción. Pódelo atopar sempre en Gadis e péscase no noso propio país.

Antes de presentarche ó gañador, hai que comentar que todos os atúns son realmente saudables. Todos son baixos en graxas saturadas e sodio. Este peixe é, ademais, unha gran fonte de proteínas, vitaminas A, B3 e B12 e selenio (un excelente desoxidante).

Cal é o mellor atún do mundo?

O certo é que existen unhas 15 variedades distintas de atún, sendo o vermello, o listado, o claro, o bonito do norte ou brando e o patudo os máis coñecidos. Pero se hai que destacar un atún como o mellor do mundo ese sería o vermello. Algo confirmado porque é o usado polos máis expertos en gastronomía.

Ademais de todo isto, o atún vermello é o máis rico en ácidos graxos omega-3, que poden axudar a previr enfermidades cardíacas. Os ácidos graxos omega-3 tamén son importantes para as mulleres embarazadas ou en período de lactación, porque poden axudar ó desenvolvemento do sistema nervioso do bebé.

Onde se pesca o mellor atún?

O mellor atún do mundo péscase na Costa de la Luz, concretamente na costa de Tarifa, Zahara, Barbate e Conil, por tratarse de rutas do atún. O método utilizado chámase almadraba, a través do cal se capturan os atúns mentres nadan a través do estreito de Xibraltar, o Océano Atlántico e o Mar Mediterráneo cando van desovar.

A base deste método de pesca é que os bancos de atún, ó atoparse coas redes, non intentan atravesalas, se non que as seguen, até quedar finalmente atrapados na cámara final. Esta técnica é, ademais, respectuosa co medio ambiente e os recursos, debido a varios factores característicos deste sistema de pesca, como estacionalidade, localización, estrutura, baixo consumo enerxético polo seu sistema de traballo, escasa xeración de residuos e o tempo limitado de permanencia do atún dentro da estrutura.[:]