Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

GADISA TARTA CHOCO BLANCO FRESA scaled e1709900243378

TORTA CHOCOLATE BRANCO E AMORODOS

Unha torta doada e deliciosa con base crocante, mascarpone, chocolate branco e amorodos. Sobremesa fácil e de tempada.
Autor/a: Lola Crespo - Ñamlicioso
Etiqueta/s:Chocolate, Sobremesa doada, Torta
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo de refrixeración4 hours
Tempo total4 hours 30 minutes
Prato Sobremesa
Cociña Española
Racións 6 persoas

Equipamento

  • Molde de torta redondo
  • Batedor de varas
  • Papel vexetal
  • Coitelo

Ingredientes
  

  • 1 Lámina de masa quebrada
  • 500 g de amorodos
  • 230 g de chocolate branco
  • 200 ml de nata líquida de montar
  • 250 g de mascarpone
  • 1 cullerada de vinagre
  • 1 cullerada de azucre

Elaboración paso a paso
 

  • Asentar a lámina de masa quebrada nun molde redondo de 22 cm. Poñer derriba dela papel vexetal e peso, por exemplo, uns garavanzos. Enfornar a 200 graos, 12 minutos.
  • Retirar a base da torta do forno, quitar o peso e o papel vexetal, enfornar 15 minutos máis para que se faga ben e se doure.
  • Unha vez transcorrido o tempo indicado, deixar arrefriar.
  • Cortar 250 g de amorodos en dados pequenos, poñer un bol e engadir vinagre e azucre. Reservar para que macere.
  • Derreter o chocolate branco coa nata líquida e deixar arrefriar media hora.
  • Bater o queixo mascarpone coa mestura anterior cun batedor de varas ata obter unha crema sedosa.
  • Engadir esta crema á base da torta, os amorodos cortadas en dados e máis amorodos cortados en láminas para decorar.
  • Arrefriar a torta 4 horas para que colla corpo ben envolto en papel filme para que non absorba sabores da neveira.

Video

Notas

É importante que arrefríe o tempo indicado para que colla corpo.

VOLVER