Asentar a lámina de masa quebrada nun molde redondo de 22 cm. Poñer derriba dela papel vexetal e peso, por exemplo, uns garavanzos. Enfornar a 200 graos, 12 minutos.
Retirar a base da torta do forno, quitar o peso e o papel vexetal, enfornar 15 minutos máis para que se faga ben e se doure.
Unha vez transcorrido o tempo indicado, deixar arrefriar.
Cortar 250 g de amorodos en dados pequenos, poñer un bol e engadir vinagre e azucre. Reservar para que macere.
Derreter o chocolate branco coa nata líquida e deixar arrefriar media hora.
Bater o queixo mascarpone coa mestura anterior cun batedor de varas ata obter unha crema sedosa.
Engadir esta crema á base da torta, os amorodos cortadas en dados e máis amorodos cortados en láminas para decorar.
Arrefriar a torta 4 horas para que colla corpo ben envolto en papel filme para que non absorba sabores da neveira.
Video
Notas
É importante que arrefríe o tempo indicado para que colla corpo.