Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

copilot 20260629 110303

Pan de allo

Este pan de allo é moi doado de facer e vale para calquera día. Faise moi facilmente porque se usan masas que xa veñen preparadas. O único que hai que facer previamente é a mestura do allo coa manteiga, que consiste simplemente en cociñar o allo ata que estea tenro e se mesture coa manteiga. Despois, estendelo sobre a masa, facer os cortes en forma de cadrado para o molde e meter no forno
Etiqueta/s:acompañamento, pan de allo, sinxelo
Imprimir receita
Tempo de preparación1 hour
Tempo de cocción30 minutes
Tempo total1 hour 30 minutes
Prato Acompañamento
Cociña Española
Racións 4 persoas

Equipamento

  • 1 Molde para horno

Ingredientes
  

  • 2 Masas para pizza
  • 1 cabeza de allo
  • Aceite de oliva. Para cubrir os allos
  • Queixo parmesano
  • 100 g manteiga
  • Pirixel
  • Sal
  • Queixo O que máis nos guste

Elaboración paso a paso
 

  • Empeza pelando os dentes de allo e levándoos a un recipiente apto para forno con aceite de oliva unha hora a 120 graos, ata que estean dourados e tenros.
  • Mestúrao co pirixel picado, coa manteiga, cun pouco de sal e con queixo parmesano. Podes engadir un pouco do aceite onde cociñaches os allos para darlle máis sabor.
  • Estende as masas para forno, engade a mestura dos años coa manteiga, engade queixo relado, corta en cadradiños e pásao a un molde para forno formando unha montaña, o último anaco de masa colócao do revñes para que quede o recheo por dentro.
  • Agora lévao ao forno de 25 a 30 minutos a 200 graos calor arriba e abaixo.
  • Deixar arrefriar e listo.

VOLVER