Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

copilot 20260629 102955

Crema de champiñóns

A crema de champiñóns é unha receita perfecta para desfrutar en calquera época do ano. A súa textura suave e cremosa, xunto co intenso aroma dos champiñóns, convértena nunha opción ideal como entrante ou cea lixeira.
Ademais, é unha excelente forma de aproveitar ingredientes sinxelos para obter un prato nutritivo, elegante e delicioso.
Autor/a: Lola Crespo
Etiqueta/s:champiñóns, crema, lixeira, sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación30 minutes
Tempo total30 minutes
Prato Primeiro prato
Cociña Mediterránea
Racións 2 persoas

Equipamento

  • 1 Táboa
  • 1 Coitelo
  • 1 Cazola
  • 1 Batedor

Ingredientes
  

  • 1 dente de allo
  • 1 Cebola
  • 300 g champiñóns
  • Sal
  • Aceite de oliva
  • Pementa
  • 100 ml vino branco
  • Ceboliño e anacos de pan torrado Para decorar

Elaboración paso a paso
 

  • Nunha pota refogar o allo picado con aceite de oliva e mais a cebola picada, salpementar 10 minutos.
  • Engadir os champiñóns da vosa elección e refogar 10 minutos máis.
  • Agregar o viño branco, subir o lume e deixar que evapore o alcol durante 3 minutos.
  • Incorporar o caldo, remexer, rectificar de sal e deixar cociñar 20 minutos.
  • Triturar, poderíase engadir queixo crema ou nata para darlle máis cremosidade.
  • Decorar con ceboliño picado, cuns champiñóns refogados e cuns taquiños de xamón.

VOLVER