Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

gofres 9x16 portada

Gofres de follado recheos de queixo e tomate

Hai receitas que sorprenden pola súa sinxeleza e polo delicioso resultado que ofrecen, e estes gofres crujientes de follado son un claro exemplo. Cunha textura lixeira e dourada por fóra, e a posibilidade de enchelos cos ingredientes que máis che gusten, convértense nunha opción perfecta tanto para almorzos e merendas como para sobremesas orixinais.
Doces ou salgados, estes gofres permiten dar renda solta á creatividade na cociña, aproveitando a versatilidade do follado para conseguir un bocado irresistible, rápido de preparar e capaz de conquistar a toda a familia.
Autor/a: Lola Crespo
Etiqueta/s:almorzo, delicioso, gofres, merenda, receita sinxela
Imprimir receita
Tempo de preparación5 minutes
Tempo de cocción5 minutes
Tempo total10 minutes
Prato Almorzo
Cociña Francesa
Racións 2 persoas

Equipamento

  • Gofrera
  • Coitelo ou cortador de pizza

Ingredientes
  

  • 1 Prancha de follado
  • 2 cdas salsa de tomate
  • 100 g queixo mozzarella relado
  • 2 liscos de mortadela

Elaboración paso a paso
 

  • Prequentar a gofrera.
  • Cortar o follado da medida da gofrera, engadir as culleradas de tomate no centro de cada gofre e tamén o queixo.
  • Tapar con outra tira de follado da medida e pechar a gofrera, cociñar durante 5 minutos ou ata que estea dourado.
  • Servir acompañado de liscos de mortadela.

VOLVER