Este pan de allo é moi doado de facer e vale para calquera día. Faise moi facilmente porque se usan masas que xa veñen preparadas. O único que hai que facer previamente é a mestura do allo coa manteiga, que consiste simplemente en cociñar o allo ata que estea tenro e se mesture coa manteiga. Despois, estendelo sobre a masa, facer os cortes en forma de cadrado para o molde e meter no forno
Empeza pelando os dentes de allo e levándoos a un recipiente apto para forno con aceite de oliva unha hora a 120 graos, ata que estean dourados e tenros.
Mestúrao co pirixel picado, coa manteiga, cun pouco de sal e con queixo parmesano. Podes engadir un pouco do aceite onde cociñaches os allos para darlle máis sabor.
Estende as masas para forno, engade a mestura dos años coa manteiga, engade queixo relado, corta en cadradiños e pásao a un molde para forno formando unha montaña, o último anaco de masa colócao do revñes para que quede o recheo por dentro.
Agora lévao ao forno de 25 a 30 minutos a 200 graos calor arriba e abaixo.