Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

Captura de Pantalla 2024 01 24 a las 15.01.30

Crackers 5 sementes

Os crackers de 5 sementes son unha receita sinxela para facer, pois só hai que mesturar ingredientes, estender a masa e metela no forno. É ideal para comer entre horas ou para untar con calquera salsa, paté, hummus etc.
Autor/a: Gadis
Imprimir receita
Tempo de preparación10 minutes
Tempo de cocción13 minutes
Tempo total23 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Mediterránea
Racións 4 persoas

Equipamento

  • Bol para amasar
  • Forno
  • 2 Láminas de papel de forno
  • Rolete

Ingredientes
  

  • 200 g de fariña espelta
  • 1 bolsa de sementes
  • 6 culleradas de aceite de oliva
  • 70 g de auga
  • 1 culleradiña de sal
  • 1/2 culleradiña de pementa moída
  • 1/2 culleradiña de romeu

Elaboración paso a paso
 

  • Botamos todos os ingredientes, incluídas as sementes e a auga, nun bol. Amasamos coas mans.
  • Se fai falta, botamos unhas gotiñas máis de auga, pero recordade que é unha masa seca e compacta.
  • Deixamos repousar uns 30 minutos.
  • Cun rodete estendemos a masa entre dúas láminas de papel de forno, así será máis doado. Aplanamos ata que a masa quede finiña. Canto máis fina a deixemos, mellor será o resultado final.
  • Prequentamos o forno a 180ºC.
  • Quitamos o papel de forno de arriba e marcamos cun coitelo a masa para que, unha vez enfornado, sexa máis fácil cortar.
  • Metemos no forno a 180ºC durante uns 13 minutos aproximadamente.
  • Deixamos arrefriar e cortamos.

Notas

Se vemos que a masa esta moi seca, podemos botarlle un chisco máis de auga para poder integrar todo ben pero lembrade que é unha masa seca polo que convén botarlle pouco a pouco.

VOLVER