Os crackers de 5 sementes son unha receita sinxela para facer, pois só hai que mesturar ingredientes, estender a masa e metela no forno. É ideal para comer entre horas ou para untar con calquera salsa, paté, hummus etc.
Botamos todos os ingredientes, incluídas as sementes e a auga, nun bol. Amasamos coas mans.
Se fai falta, botamos unhas gotiñas máis de auga, pero recordade que é unha masa seca e compacta.
Deixamos repousar uns 30 minutos.
Cun rodete estendemos a masa entre dúas láminas de papel de forno, así será máis doado. Aplanamos ata que a masa quede finiña. Canto máis fina a deixemos, mellor será o resultado final.
Prequentamos o forno a 180ºC.
Quitamos o papel de forno de arriba e marcamos cun coitelo a masa para que, unha vez enfornado, sexa máis fácil cortar.
Metemos no forno a 180ºC durante uns 13 minutos aproximadamente.
Deixamos arrefriar e cortamos.
Notas
Se vemos que a masa esta moi seca, podemos botarlle un chisco máis de auga para poder integrar todo ben pero lembrade que é unha masa seca polo que convén botarlle pouco a pouco.